Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

23 dic. 2010

Festival de Nadal

O día de onte foi un día especial, supuxo a chegada das tan esperadas vacacións de Nadal e festexámolo por todo o alto.

Visitounos un mago. Cantamos panxoliñas, fixemos teatro, bailamos,... E tivemos a honra de sermos visitados polo apalpador.

18 dic. 2010

O APALPADOR CHEGOU Á PONTE CARREIRA

O Apalpador chegou ao noso colexio para agasallar a todos os pequenos e pequenas e disque vai pasar uns días por estas terras. Igual temos sorte e pasa polas nosas casas.


O APALPADOR

Aos nosos días chegou a través da tradición oral de que dende diversas comarcas da alta montaña luguesa (Lourenzá, Courel, Cebreiro,...) un personaxe que no Nadal visitaba aos nenos e nenas galegos; este era o Apalpador, tamén coñecido como Pandigueiro nas terras de Trives. Este xigante bo é carboeiro, fuma pipa, usa boina e viste un traxe esfarrepado cheo de remendos.
Dende hai uns anos, ademais das montañas luguesas está a percorrer toda Galicia. Conta a tradición que este personaxe baixa das montañas nunha noite de Nadal para apalpar as barriguiñas dos pequenos, no caso de que estean ben mantidas deixalles unha présa de castañas en sinal de que en diferentes lugares da casa deixou agochados varios regalos.
Neste nadal visitará Frades para apalpar as barriguas dos máis pequenos para ver se comeron ben durante todo o ano e deixaralles algúns xoguetes e agasallos.


Vaite logo, meu meniñ@

marcha agora para a camiña

que vai vir o Apalpador

a apalparche a barriguiña.

Xa chegou o día grande

día do noso Señor.

Xa chegou o día grande

e virá o Apalpador.

Mañá é dia de cachela,

que haberá gran nevarada

e há vir o Apalpador

cunha mega de castañas.

Por aquela cemba

xa ven relumbrando

o señor Apalpador

para darvos o aguinaldo.

14 dic. 2010

flzta o ndl e o aninov n glg!

Iniciativa da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística (CGENL)

Ao chegaren estas datas, os nosos móbiles e as nosas contas nas redes sociais énchense de felicitacións de Nadal e Aninovo..., e normalmente son mensaxes que circulan de aparello en aparello e por internet. Por iso, a Coordinadora Galega de ENDL pon á vosa disposición esta páxina: para que demostredes o voso enxeño e a vosa creatividade.


Enviade as vosas mensaxes, cubride o formulario e votade polas que máis vos gusten. Ademais da satisfacción de ver navegar os teus SMS pola rede, as tres mensaxes máis votadas recibirán un lote de agasallos da CGENDL, por iso é importante que introduzades os vosos datos.

Podes consultar o dicionario galego de SMS mais nel faltan moitos termos. Mandade as vosas palabras, as que vós empregades habitualmente nas vosas mensaxes.

Animádemos a particiar. QUE MELLOR AGASALLO QUE IMPULSAR A NOSA LINGUA!

6 dic. 2010

RECURSOS PARA O NADAL

Aquí vos deixamos unha selección de recusos de Nadal feita pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística. Fai click na imaxe para acceder.



 

12 nov. 2010

DÍA DO PEÓN

Un ano máis acollémonso á convocatoria de Brinquedia para festexar o día do Peón. Premendo na imaxe poderás acceder ás fotos.

5 nov. 2010

FESTAXAMOS O SAMAÍN

Para festexar o Samaín 2010 organizamos un obradoiro de baleirado e decoración de cabeiras. Pasámolo xenial. Aquí vos deixamos os resultados.



4 nov. 2010

EN GALEGO TAMÉN SE FAI CIENCIA

A defensa do galego vai máis alá do seu emprego literario ou da reflexión lingüística.
A defensa do galego inclúe tamén o seu uso cotián en todos os ámbitos da sociedade.
En espazos específicos de investigación, hoxe en galego tamén se fai ciencia.



En galego tamén se fai ciencia from En galego tamén se fai ciencia on Vimeo.

26 oct. 2010

RECURSOS PARA O SAMAÍN.

Aproveitamos a selección de recursos para o SAMAÍN feita no CEIP Victor Sáenz para poñer á voso disposición todo tipo de recursos para traballar esta festas.
Pincha na imaxe e accederás a eles.

XORNADA POLA CIENCIA EN GALEGO


O 4 de Novembro será un día adicado á ciencia na nosa lingua.

É unha xornada dirixida dende o ensino a todoa a sociedade galega, para:

- defender a idoneidade do uso do galego nas áreas científico-tecnolóxicas
- comunicarlle á sociedade o orgullo de expresar ciencia e tecnoloxía en galego
- divulgar experiencias científicas pensadas e desenvolvidas en galego


ANÍMATE E PARTICIPA

O GALEGO É O NOSO MEDIO NATURAL

Dende a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e do Servizo de Universidade de Vigo chéganos este interesenta traballo sobre a diversidade lingüística.




O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.

Obter Adobe Flash Player

10 sept. 2010

Curso 2010-2011

Xa estamos aquí un ano máis. Aproveitamos para dar a benvida a todos aqueles que estean dispostos a dar un pouquillo de sí mesmos a prol da nosa lingua.
Hoxe, máis ca nunca, precisa do noso apoio e dende o CPI Ponte Carreira estamos dispostos a darllo. E vos, estades dispostos a participar connosco? Son moitas e variadas as actividades que estamos a programar, nos próximos días informarémosvos das mesmas e agardamos a vosa colaboración.

26 may. 2010

RAP DAS LETRA GALEGAS

@s nos@s rapaces de 4º de Primaria montaron un Rap con versos de Uxío Novoneyra para interpretar na II Romaría das Letras Galegas 2010.
 

24 may. 2010

LETRAS GALEGAS

Aquí vos deixamos unha pequena mostra da celebración das Letras Galegas no noso colexio. Foi un día moi divertido nos achegamos un pouquiño máis aos nosos escritores, en especial Uxío Novoneyra, e á nosa lingua.


13 may. 2010

II ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS

O vindeiro venres 21 de Maio renderemos homenaxe a Uxío Novoneyra a través da II ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS.
O acto terá lugar no Campo da Feira de Ponte Carreira a partires das 10:30 hs. Todos aqueles que queirades achegarvos, alí vos esperamos.
Este é o cartel gañador do concurso de Carteis, correspondente aos alumnos de 4º de Ed. Primaria e a unha alumna de 2º.

7 may. 2010

O meu primeiro acróstico

Os alumnos e alumnas de Educación Primaria veñen de recibir o seu agasallo por teren participado no concurso de Jóvenes Escritores. As súas composicións foron seleccionadas para a seren publicadas no libro "Mi primer acróstico" que será publicado o 31 de xullo de 2010.

De igual xeito, todos eles recibiron en recompensa ao seu esforzo e adicación a este traballo dous agasallos: un diploma acreditativo e un marcapáxinas.




5 may. 2010

LETRAS GALEGAS

 Sen dúbida o 2010 é o ano de Uxío Novoneyra.

Aquí vos deixamos enlaces a varias páxinas que consideramos interesantes e que contan con recusos e actividades relacionadas con Uxío Novoneyra e as Letras Galegas.

Visita a páxina web do autor clikando AQUÍ.


O CPI de Dices (Rois) e o CPI da Baña preséntannos o seguinte vídeo sobre a figura do autor homenaxeado este ano. Presta atención e aprenderás moito.




Aprendermos moitas cousas sobre o poeta do Courel nos seguintes enlaces:



SEMINARIO GALÁN, no que atoparás un monográfico de actividades para as diferentes etapas educativas.







REAL ACADEMIA GALEGA , que nos amosa datos biográficos ademáis das súas publicacións.





CGENDL, onde atoparás más enlaces a páxinas de interese.




Na Secretaría Xeral de Política Lingüística atopamos os traballos premiados do Concurso-Exposición das Letras Galegas 2010.

No CEIP A Laxe elaboraron varias unidades didácticas para o alumnado de Primaria.

O CEIP de Frian (Teis) elaborou varias actividades en liña para as diferentes etapas educativas.



Conto adaptado para Infantil e 1º ciclo de E.P.







Ilda, o corzo, o lobo e o xabarín está pensado para 2º e 3º ciclo de EP





Elaborado por Belén Velasco, este link fálanos da princesa do Courel.








No CEIP de Andrade elaboraron esta webquest para o Terceiro Ciclo de EP







Sobre Uxío Novoneyra tamén nos deixa este traballo o Equipo de Biblioteca do CEIP Condesa de Fenosa.








O XOGO DA OCA, con Uxío Novoneyra como protagonsita, é obra do CEIP de Cedeira.



  
Sinalamos tamén algúns enlaces de interese para a Educación Secundaria.




25 abr. 2010

APADRIÑANDO UN CONTO

Durante a semana do 19 ao 23 de abril vivimos varias xornadas especiais no cole.
O nosos alumnos fixeron de excelentes contacontos para pequenos e maiores. Cada alumnos ou grupo de alumnos apadriñaron un conto que logo contaron aos demáis compañeiros. Foi unha actividade da que disfrutraron do pracer da lectura de diferentes xeitos e en diferentes lugares. Aquí vos deixamos unhas imaxes.


19 abr. 2010

PARA QUE LES?

Para que les é o título dunha inciativa do Clube de Lectura da ONG Implicadas no Desenvolvemento. A nosa biblioteca uniuse a ela para, xunto con gran número de bibliotecas escolares galegas, contribuír á montaxe dunha exposición para o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, na que persoeiros relevantes dos diferentes eidos da cultura, persoas anónimas, mestres, alumnos,.... explican as razóns para ler.
Aquí vos deixamos textos e fotos de persoas famosas con profesións diferentes que nos contan que ELES TAMÉN LEN.


Dende aquí gustaríanos que deixes a túa pegada. Escribe os teus motivos para ler un libro a través do enlace a comentarios.

26 mar. 2010

Mentiras

Oir aquilo, "todo foi un xogo", foi como se lle cravasen un puñal na alma e logo sobre a ferida lle botasen sal, sen saber que a súa verduga se autoasasinase, e que os seus ríos só se volverían xuntar nun mar que lles quedaba lonxe, pero era a única esperanza e posibilidade de volver a xuntarse.

Milagros Ribadas Porteiro

Unha raiola de sol, un conxunto de nubes negras

Empezo o día coa mesma rutina enfermiza: desperto con sono, visto a preguiza, almorzo a desgana e vou coller o bus, o mesmo bus, o bus de sempre, sempre chega suxo, sempre chega tarde, sempre está mal olente, que me leva sempre ao mesmo sitio!!!... onde creo que... a rutina enfermiza diaria convérteme nun mar de ilusións onde xa cumprín moitas, pero o mellor é que aínda me quedan máis por cumprir. 

Jamie López Pereiro
Estábao vendo pola ventá, sentado no tallo do que nunca o viran erguerse, estaba comtemplando unha paisaxe que deboraba cen vidas dun só bocado e non lle importaba trabar unha vez máis. 
Ergueuse do tallo, xuntouse cuns homes pálidos; mirei para atras e vinme a min mesmo mirando pola fiestra e, de súpeto, desaparecera. 
Non voltaron; desapareceran, desapareceran. 

J. Luis Botana

Fermosa

Era tan fermosa que non puido controlar o desexo de posuíla.
Era tan fermoso que non soportaba a idea de privar aos demais de disfrutala.
Matouna e matouse.
O sitio que habitara reclamaba unha bágoa.

Cristian Carneiro

...

Recollo do chan a ausencia total de poder da que gozo, gárdoa na mochila entre os papeis que non escollo escribir, os libros que nunca quixen ler e recóllome na habitación onde transcorre o meu tempo non vivido...

A. Varela

ALFREDIÑO

Un rapaz chamado Alfredo un día déuselle por explorar a gran carballeira que ten detrás da súa casa. O rapaz era moi espelido e curioso. Mentres andaba pola carballeira escoitou un ruidiño e, el sen facer moito ruído, achegouse a ver que era. E, ao pé dun carballo, atopábase unha persoa máis pequena que estaba atrapado debaixo dunha póla. A persoiña asustouse ao ver a Alfrediño, pero cando Alfrediño a liberou de debaixo da póla a persoíña díxolle que para darlle as grazas lle daría o que quixese e desapareceu.
Alfrediño quedou todo preocupado porque non puidera dicirlle que el quería un canciño pero, ao chegar á súa casa, Alfrediño atopou un canciño na porta.

Muriel Lodeiros Rilo

Erros

Dous irmáns, Rómulo e Remo, tiñan a vida por diante, gastaban apenas vinte anos, mais atopábanse na cidade errónea, no momento erróneo, no día erróneo, na hora errónea aquel vinte de setembro dun dous mil un. 

Hippie
Noite fría de outono, eu e a miña sombra dispoñémonos a cavilar entre os escombros dunha cidade desoladora e estrépita, entre unha multitude de árbores; movémonos sen rumbo buscando un fin inalcanzable, baixo a lúa cruzamos un longo río sen orientación, resignándonos a vivir unha catástrofes marítima irremediable provocada polo nordés, pero outra catástrofes estase achegando, acaba de ocorrer, xa nin vale o intento de refuxiarse na miña sombra ao percatarme de que estaba soa. 

Lydia López Lata

...?

Ao carón do mar, tumbada na area, podo sentir o suave tacto da area na miña pel, o delicioso aroma da brisa batendo no meu rostro, o sol brillando na miña cabeleira loira.... un momento;
e o rostro, onde vai?

Mª Andrea Moar Ares

22 feb. 2010

ORGULLOSOS DO GALEGO

Se estás orgulloso ou orgullosa do galego, podes participar na campaña promovida pola CGENDL.



14 feb. 2010

O XACOBEO 2010 NA PONTE CARREIRA

Quen dixo que a Súa Santidade non acodía a Galicia neste Ano Santo?

Pois están equivocados. O pasado 12 de febreiro deixouse ver na Ponte Carreira, formando parte do pasarrúas que os alumnos do colexio fixemos ata a Praza do pobo na nosa particular Ruta Xacobea. Estivo acompañado do Apóstolo Santiago, as SS.MM. Os Reis de España e Don Felipe e Dona Leticia. Asímesmo tamén asistiron Zapatero, Feijoo e o mesmo Xosé S. Bugallo.


Se non o cres, premo no seguinte enlace e poderás volo cos teus propios ollos. E, se o cres, preme tamén para velo.

3 feb. 2010

LETRAS GALEGAS

O ano 2010 é o ano de Uxío Novoneyra, poeta do Courel.

Pincha na foto e descubrirás cousas fermosas deste poeta do Courel.