Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

Mostrando entradas con la etiqueta Día do Sorriso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día do Sorriso. Mostrar todas las entradas

1 oct 2021

Día do Sorriso

Hoxe, primeiro venres de outubro, é o DÍA DO SORRISO. E no Ponte adicámonos a debuxar sorrisos, eses sorrisos que están agochados baixo as máscaras. Que ben o pasamos debuxándonos sorrisos os uns aos outros. Queredes velo? Dádelle ao play

 

2 oct 2020

Día Mundial do Sorriso

 Hoxe é o DÍA MUNDIAL DO SORRISO. Un día que, se cabe, merece ser celebrado máis ca outros anos. 

Temos que ter a boca tapada, e o nariz tamén, pero "nada" nos vai impedir sorrir, porque o sorriso é a nosa esencia, o piar no que se asenta todo o que se fai no e dende o CPI Ponte Carreira. 

Asique, fixémonos esta pregunta: acaso só podemos sorrir coa boca? Pois claro que non, tamén o podemos facer coa mirada. E así o queremos reflexar neste vídeo no que tod@s os que formamos o CPI Ponte Carreira (alumnos, mestres, PAS, colaboradores) vos amosamos a mirada do noso sorriso ou o sorriso da nosa mirada