Hoxe tamén Plantamos un libro, relacionamos a lectura co coidado da natureza e convertemos os libros en sementes de coñecemento e crecemento.
23 abr 2026
11 abr 2026
Ruta dos segredos do monte
A nosa ruta, a nosa misión de salvar o monte, foi posible grazas á colaboración dos comercios da zona:
10 abr 2026
RUTA DOS SEGREDOS DO MONTE
Hoxe foi o gran día.
A Curuxa chamo... e as nosas brigadas responderon.
Na Ruta dos Segredos do Monte, alumnado de diferentes etapas compartiu pistas, cooperación e naturaza, descubrindo que a verdadeira maxia do monte nace do coidado do noso entorno.
O peche chegou coa creación dun mandala colectivo, único e especial, feito cos tesouros atopados ao longo do camiño.
A CURUXA CHAMA puxo a banda sonora perfecta a unha experiencia inesquecible. E a maxia do monte volveu medrar... porque a sabemos coidar entre todos.
Se queres ver máis fotos preme na imaxe de abaixo:
9 abr 2026
7 abr 2026
3 abr 2026
O MONTE QUE PERDEU A SÚA MAXIA
Seguimos traballando ao redor do noso PDI "A maxia dos nosos montes". Seguinte aventura: andaina-ruta do monte. Deixámosvos una adianto da misión
2 abr 2026
1 abr 2026
A NOSA GALICIA A TRAVÉS DA CÁMARA
Anímaste a converterte en fotógraf@ coma Jesús Suárez? Anímaste a capturar a alma de Galicia?
Propoñémosche que, cámara en man, fotografies e nos envíaes fotos da túa Galicia: da túa terra, do teu monte, das túas xentes, a natureza,... en definitiva a Galicia cotiá?
DÍA DAS ARTES GALEGAS
Hoxe, 1 de abril, é o DÍA DAS ARTES GALEGAS. Neste 2026 dedícanselle ao fotógrafo José Suárez, o fotógrafo que soubo capturar coa súa cámara a alma de Galicia, a súa xente e a súa luz. A través da súa mirada descubrimos que a arte tamén está nos pequenos detalles: un rostro, unha paisaxe, un instante,... que queda para sempre.

.jpg)
.jpg)

















