Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

28 abr. 2015

Recursos Letras Galegas 2015

Aquí vos deixamos unha selección de recursos para traballardes as Letras Galegas 2015, feita pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

http://www.xunta.es/linguagalega/xose_filgueira_valverde

DÍA DO LIBRO. PHOTOCALL

Aquí vos deixamos unhas fotiños do ben que o pasamos o DÍA DO LIBRO nos photocalls do colexio. Clika nas imaxes e verás todas as fotos.

Infantil e primaria

 Secundaria

23 abr. 2015

LECTURAS NO PATIO PARA FESTEXAR O DÍA DO LIBRO 2015

Hoxe, DÍA DO LIBRO, sacamos os nosos libros ao patio durante o proxecto lector e disfrutamos dunhas soleadas lecturas.

20 abr. 2015

PHOTOCALL PARA O DÍA DO LIBRO 2015

Está próximo o DÍA DO LIBRO e estamos preparando dous "photocall" espectaculares para que te pases por alí co teu libro favorito. Así que, xa sabes, tes unha tarefa un pouco difícil: escolle o teu libro favorito e pásate o día 23.


16 abr. 2015

O SON QUE ME ARROLA

Hoxe chegou a música e a tradición ao cole. O alumnado de Infantil e o de preescolar na casa tivo a visita de O son que me arrola, unha proposta musical que achega aos máis peques á musica tradicional galega.
Escoitamos cantos de berce, rimas,... e experimentamos e manipulamos diferentes instrumentos realizados con material de refugallo. E mesmo fixemos a nosa propia arpa.

11 abr. 2015

Lecturas poéticas no patio

Xa hai uns días que os nosos voluntarios da biblio andiveron na procura de libros de poesía na nosa lingua para preparar un CARRO POÉTICO e disfrutar dunha SEMANA DA POESÍA divertida. Tiñamos todo preparado para realziar esta actividade no patio, facendo unha combinación sol-poesía que resultaría xenial pero... o sol fíxose esperar e a nosa actividade tamén.
A espera mereceu a pena e, ao fin o sol saiu esta semana e poidemos levala a cabo.