Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

19 nov. 2013

PREMIO NACIONAL DAS MÚSICAS ACTUAIS PARA UNHA GALEGA!!!

Outro novo premio nacional que recae nunha figura galega, que aínda que marchou de Galicia con tan só seis meses, esta nosa terra sempre está na súa memoria e acode a Boimorto, a súa vila natal, sempre que pode.

Xa saberdes, pois, que estamos a falar de LUZ CASAL, que foi galardoada co PREMIO NACIONAL DE LAS MÚSICAS ACTUALES, concedido anualmente polo Ministerio de Cultura. 
No seu fallo o xurado resolveu propoñer, por maioría, a concesión do Premio a María Luz Casal Paz "porque con su calidez y una voz que se graba en la memoria ha recorrido un camino fértil que empezó por el rock y abrazó géneros como los boleros, que ensancharon su trayectoria y la de todos y han lleggado a públicos diversos y a diferentes generaciones"

11 nov. 2013

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

Información sobre a xornada da ciencia en galego. 

http://coordinadoraendl.org/cienciaengalego/2013/videoconferencias.php

8 nov. 2013

DÍA DO PEÓN 2013

Dende o CPI Ponte Carreira sumámonos, un ano máis, á xa novena edición do DÍA DO PEÓN, provomido por Brinquedia (Rede Galega do Xogo Tradicional).


Aquí vos deixamos unha mostra do ben que o pasamos facendo danzar os nosos peóns. 


7 nov. 2013

IV DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

O vindeiro martes 12 de novembro celébrase o IV DÍA DA CIENCIA EN GALEGO. Se clikas na imaxe accederás á páxina da SXPL, donde atoparás algúns recursos para este día.



Nesta ocasión homenaxéase a figura de Florence Nightingale como un referente fundamental na historia da estatística.Se queres saber máis sobre ela, preme na imaxe.

2 nov. 2013

DEZ ANOS SEN XELA ARIAS

Hoxe cúmprense dez anos da morte de XELA ARIAS, con tan só corenta e un anos.

Profesora de literatura de ensino medio, foi unha recoñecida escritora e poetisa galega. 
Ademáis da súa faceta poética, Xela adicouse á tradución ao galego de diversos autores como Jorge Amado, Camilo Castelo Branco, James Joyce, James F. Cooper ou Wenceslao Fdez. Flores. Tamén escribiu relatos.


Foi un dos rostros que se levantou contra o Prestige e a súa voz estivo presente en moitos actos de protesta e queda reflectida en publicacións como Alma de Beiramar.
Sorpréndente é o seu poemario Denuncia do equilibrio (1986), innovador de forma e transgresor de contido; ou Tigres coma cabalos (1990), un dos libros máis fermosos como poesía galega. En 1994 a súa maternidade queda reflexda no seu Darío da diario.

Todos os seus poemarios circulan hoxe de man en man.
Unha autora que xa cumpre todos os requisitos para ser homenaxeada co día das Letras Galegas.