Para que les é o título dunha inciativa do Clube de Lectura da ONG Implicadas no Desenvolvemento. A nosa biblioteca uniuse a ela para, xunto con gran número de bibliotecas escolares galegas, contribuír á montaxe dunha exposición para o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, na que persoeiros relevantes dos diferentes eidos da cultura, persoas anónimas, mestres, alumnos,.... explican as razóns para ler.
Aquí vos deixamos textos e fotos de persoas famosas con profesións diferentes que nos contan que ELES TAMÉN LEN.
Dende aquí gustaríanos que deixes a túa pegada. Escribe os teus motivos para ler un libro a través do enlace a comentarios.
16 comentarios:
Eu leo porque é moito máis divertido que non facelo. Diana (mestra de E.I. do CPI Ponte Carreira)
Eu leo para aprender cousas e para divertirme un anaco.
(Matías, 4 anos)
Eu leo para poder comunicarme e para poder ser coma os maiores.
Silvia (5 anos)
Eu leo para aprender máis cousas e porque me gusta.
Andrea, 6º EP
Eu leo porque me encanta meterme nos personaxes dos contos e vivir aventuras e pasar o tempo.
Jacobo, 5º EP
E, por qué non?
Julio (mestre de E.F. do CPI Ponte Carreira)
Eu leo para informarme, para relaxarme, para poder aprender e soñar novas aventuras, para divertirme,...
Eva (mestra de E.I. do CPI Ponte Carreira)
Eu leo porque me peta.
Eu leo para emprender unha viaxe que me leva lonxe da rutina diaria.
María (mestra de E.P. do CPI Ponte Carreira)
Eu leo para rirme moito
Jenifer (3 anos)
Eu leo para ver de que vai o conto, para aprender a ler e porque... se cadra é graciosos
Carla (7 anos)
Eu leo para imaxinarme cousas
Rita (3º EP)
Eu leo para saber cousas e para saber ler coma os maiores.
Alba (5 anos)
Eu leo para divertirme e aprender cousas.
Carlos (2º EP)
Eu leo para aumentar a miña imaxinación, o meu vocabulario e, ao mellor, cando sexa maior, poida ser escritor se o decido.
Algúns mestres mándannos ler dous libros por avaliación e son decisivos para aprobar.
Cando estou aburrido entretéñome.
Cando algún libro me gusta non paro de lelo.
Ramón (1º E.S.O.)
Eu leo para darme un baño de escuma.
Pepa (profesora de E.S.O. do CPI Ponte Carreira)
Publicar un comentario