Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

5 nov 2018

Lendo polo Samaín

A pasada semana poidemos disfrutar de lecturas de contos dramatizados por parte do alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria. Este foi o resultado:


3 nov 2018

26 oct 2018

Buscando o outono

Que ben o pasaron onte os Vagalumes de Infantil buscando castañas, follas, landras,... e outros elementos do entorno polos arredores do cole.


16 oct 2018

Decoración Samaín

Xa está ás portas o Samaín e a biblioteca xa está preparada para elo. A que quedou... terrorífica!!!!















12 sept 2018

4 jul 2018

Festival Fin de Curso 17-18

Para despedir o curso o pasado día 21 de xuño organizamos un festival como se merece. Teatro, cancións, interpretacións,. Fai click na imaxe e verás e proximente os vídeos e outras actividades sorpresa deste día. 


Photocall fin de curso

Que ben o pasamos no photocall de fin de curso!!! Queres velo? Pois preme na imaxe e verás...


30 jun 2018

CERRADO POR VACACIÓNS....

Pois si amiguiños, o curso 2018-2018 rematou e o cole pechou as súas portas ata setembro. Pero nós seguimos aquí, pois aínda nos quedan moitas cousas que amosarvos.

O son que me arroupa

O pasado 1 de xuño poidemos disfrutar, un ano máis, da actuación "O son que me arroupa", da Asociación Socio-Educativa Antonio Gandoy. Preme na imaxe e verás. Gracias ao Concello de Frades que organizou esta actividade dentro do programa Letras Galegas 2018 para os peques de Preescolar na Casa, Educación Infantil e 1º de Educación Primaria do CPI Ponte Carreira.


Actuacións X Romaría das Letras Galegas

E xa temos todos os vídeos das nosas actucacións na X Romaría das Letras Galegas. Aquí volos deixamos... (xa estamos a subir os da festa de fin de curso, en canto os teñamos todos aquí os enlazaremos)


28 jun 2018

Lectómetro 3º trimestre

E aquí os gañadores do Lectómetro correspondente ao 3º trimestre: José (1º EP), Saray (2º EP), Óliver (3º EP) e Lara (4º EP). Noraboa a todos.


Plan proxecta

Durante este curso participamos no Plan Proxecta "Aliméntate ben" en varias modalidades: Froita na escola, O sabor da aventura está no mar, Ponlle as pilas ao teu bocata e Fai eco do lóxico. 

Podes ver todo o relacionada con este programa no blogue que creamos para el. Preme no seguinte enlace: actividades, obradoiros, charlas,...


21 jun 2018

Entrega de premios. CONCURSO DE CARTEIS DAS LETRAS GALEGAS

E hoxe tamén foi o día da entrega de premio do Concurso de Carteis das Letras Galegas. Decidimos escollar dous, como xa vimos facendo en anos anteriones, e facer unha montaxe que se convertiría na portada da nosa revista "A voz da escola". 
E os gañadores son Laura Gómez Taboada, de 4º de EP, e Xoel Calviño Costoya, de 2º de ESO.  E recibiron o seu merecido agasallo. Noraboa e moitas gracias a todos os participantes.




Premios V Concurso de Poesía "Troitas en verso"

E chegou o día, e non foi sen tempo. Os gañadores do V Concurso de Poesía "Troitas en Verso" recibiron o seu agasallo. 

Elba, de 1º EP
Xoel, de 4º EP
Lorena, de 3º ESO






19 jun 2018

O galego, a miña lingua propia. MONOULIUS DOP

O pasado luns 18 de xuño, o alumnado de secundaria poido disfrutar dunha actividade fantástica, enmarcada na campaña de dinamización social da lingua galega O GALEGO, A MIÑA LINGUA PROPIA, que organiza a área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña. 
Dous artistazos, Mon e Ula, fixeron que na tarde do luns disfrutáremos a tope coa música en galego. 

Aínda que ao principio estabamos un pouco nervios@s e algo tímid@s, pouco a pouco fómonos animando e... pasamos unha tarde xenial. Mirade mirade...




E SE QUERES VER MÁIS, AQUÍ CHE DEIXAMOS UNS VÍDEOS: 

vídeo 1              vídeo 2              vídeo 3              vídeo 4

17 jun 2018

LETRAS GALEGAS 2018

As Letras Galegas 2018 no cole poden resumirse así:

Se miras neste blogue na etiqueta Letras Galegas 2018 verás todas as actividades.

11 jun 2018

Biografía María Victoria Moreno

Aquí vos deixamos unha biografía da autora homenaxeada nestas Letras Galegas 2018, María Victoria Moreno, feita polo alumnado de 5º e 6º de primaria.