Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

22 dic 2012

FESTIVAL DE NADAL 2012

Aquí vos deixamos unha mostra do ben que pasamos na festa de Nadal no cole. Despois da visita de Papá Noel o xoves, o venres visitáronnos as SÚAS MAXESTADES OS REIS MAGOS DE ORIENTE.

Click to play this Smilebox presentación


9 dic 2012

RECURSOS E AGASALLOS NADAL 2012

Achégase o Nadal, unha data chea de maxia que non podemos deixar pasar sen festexar nos centros de ensino. Os equipos de dinamización da lingua galega ofrecen unha manchea de recursos para festexar o Nadal na nosa lingua desde as aulas; premendo na imaxe accederás a todos eles.

Tamén tes á tua disposición unha serie de productos tecnolóxicos para agasallar neste Nadal. Premendo na imaxe accederás a todos eles e máis recursos e ideas para facer o teu agasallo ideal este Nadal.

13 nov 2012

DÍA DO PEÓN 2012

Aquí vos deixamos unhas fotos da celebración do Día do Peón no cole, o día 9 de novembro. Pasámolo moi ben.


7 nov 2012

MAGOSTO 2012. GRUPOS e PROBAS

Aquí vos deixamos os grupos para o Magosto e as probas que formarán parte da Xincana.

GRUPOS:





PROBRAS:




5 nov 2012

MAGOSTO 2012

Xa está próximo do día do Magosto: 11 de novembro. Para esta ocasión estamos organizando unha xincana de xogos populares en torno á castaña.
Coma o curso anterior organizaranse equipos con membros de todas as idades. Nos vindeiros días publicaremos a listaxe dos grupos e as probas da xincana.


4 nov 2012

DÍA DO PEÓN 2012

Brinquedia ven de convocar a VIII edición do DÍA DO PEÓN. Un ano máis, e xa van 5, que o CPI Ponte Carreira se suma a esta celebración. Será o vindeiro 9 de novembro ás 12:00 horas no pabillón. Esperámoste, así que xa te podes poñer a buscar polos caixóns para atopar o peón do ano pasado. 


 Mentres tanto, se queres pasar una anaco divertido tirando peóns, clika aquí



DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

Hoxe é o día da CIENCIA EN GALEGO.

Novembro non é só o mes da mata, dos magostos e do Samaín. Tamén é, dende hai unha década, o mes da ciencia e, dende hai tres anos, o mes da ciencia e da tecnoloxía en galego. Clika nas imaxes e levarante a páxinas interesantes relacionadas co tema.





Se queres saber máis sobre o papel da muller no eido científico ao longo da historia clika aquí, levarate a un interesantímo LIM feito polo CEIP Julio Gurrián (O Barco de Valdeorras - Ourense).

1 nov 2012

SAMAÍN 2012. MEDO NA BIBLIOTECA

Despois de adornar a nosa biblioteca adicamos sesións de lecturas "terroríficas" para o alumnado. 

Pasámolo... DE MEEEEDO!



O SAMAÍN NO COLE.

Un ano máis sumámonos á celebración do samaín don diversas actividades que, de seguido, vos amosamos.


AMBIENTACIÓN DO COLEXIO


...
BALEIRADO E EXPOSICÓN DE CABAZAS


Click to play this Smilebox scrapbook


E así de fermosa nos quedou a exposición de cabazas feitas polos alumnos do colexio. 





30 oct 2012

21 oct 2012

O SAMAÍN 2012 NO COLE

O vindeiro 31 de outubro celebraremos o SAMAÍN no colexio. Estamos preparando varias actividades para pasalo............ DE MEDO.

Click to play this Smilebox greeting

27 sept 2012

Actividades do primeiro trimestre

Aquí estamos un ano máis coas pilas cargadas para levar con éxito este novo curso. Moitas son as actividades que dende o EDLG estamos a preparar, sempre contando coa colaboración doutros departamentos, do profesorado do centro, do alumnado e das familias.
Aquí vos deixamos un adianto do que nos espera neste primeiro trimestre de curso:




22 jun 2012

FIN DE CURSO

Aló vai outro ano máis. Hoxe o curso rematou e na Ponte Carreira festexámolo por todo o alto. Teatro, bailes, karaoke, música en directo e entrega de diplomas para o alumnado que remata etapa. Aquí vos deixamos unhas fotos para que vexeades que ben o pasamos.


FELICES VACACIÓNS

15 may 2012

VALENTÍN PAZ ANDRADE

SE PREMES NA IMAXE DO LATERAL PODERÁS ACCEDER A VARIOS RECURSOS DAS LETRAS GALEGAS 2012. De tódolos xeitos, aquí vos deixamos algún enlace máis.

                                                          
                                                                       Exposión Valentín Paz Andrade
















Vídeos de Valentín Paz Andrade











 Na páxina da Coordinadora Galega de Equipo de Dinamización da Lingua Galega tes moitos máis recursos. Clika na imaxe e verás.

LETRAS GALEGAS 2012. VALENTÍN PAZ ANDRADE

22 abr 2012

XA ESTÁ TODO PREPARADO....

Na Ponte Carreira xa está todo preparado para festexar o Día do Libro.

Contamos coa visita do DON HIDALGO DON QUIXOTE DE LA MANCHA, para estar presente na  nosa lectura continuada das súas aventuras. Empezaremos sobre as 10.30 hs. Xa vos contaremos máis; aquí vos deixamos unha foto como mostra.


CONSELLOS PARA SER UN BO LECTOR OU UNHA BOA LECTORA

19 abr 2012

DÍA DO LIBRO

Xa se achega o Día do Libro e do Dereitos de Autor.

Nesta ocasión no noso cole imos facer unha lectura continuada de DON QUIJOTE DE LA MANCHA.
Se queres saber máis sobre esta obra universal de D. Miguel de Cervantes ou revivir con Don Quijote e Sancho Panza a "Aventura de los Molinos" aquí che deixamos este enlace.




Deixámosvos tamén un enlace no que poderedes ler o libro, escoitalo e mesmo descargalo. Tamén tedes diferentes actividades para coñecer máis a fondo a Don Quijote e os demáis personaxes da obra e realizar diferentes aventura. BIENVENIDAS VUESTRAS MERCEDES A AQUESTE SITIO SIN PAR...



18 abr 2012

DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DERITOS DE AUTOR


 O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega. Tamén un 23 de abril naceron -ou morreron- outros escritores como Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi elixida pola Conferencia Xeral da UNESCO para rendir homenaxe mundial ao libro e aos seus autores. 
 Coa celebración deste día no mundo enteiro, a UNESCO pretende fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio dos dereitos de autor. 
A orixe desta celebración partiu de Cataluña, onde este día é tradicional agasallar unha rosa ao mercar un libro. 
todos os anos un personaxe do mundo do libro é o encargado de dar unha mensaxe neste día.

12 abr 2012

DESCUBRE GALICIA

Se queres percorrer Galicia e non tes a oporturnidade de facelo en tren, coche, bicicleta,... ou mesmo facendo o Camiño de Santiago, podes facelo virtulamente premendo na imaxe. Anímate e descubre as belezas da nosa terra.



1 abr 2012

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2012


O vindeiro 2 de abril celébrase en todo o mundo o Día Internacional do Libro Infantil.  Este ano, o texto do cartaz é obra do escritor Francisco Hinojosa, e a ilustración, creación do debuxante Juan Gedovius.






HABIA UNHA VEZ UN CONTO QUE CONTABA O MUNDO ENTEIRO

Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro. Ese conto en realidade non era un só, senón moitos máis que comezaron a poboar o mundo coas súas historias de nenas desobedientes e lobos seductores, de zapatiños de cristal e príncipes namorados, de gatos inxeniosos e soldadiños de chumbo, de xigantes bonachóns e fábricas de chocolate. Poboárono de palabras, de intelixencia, de imaxes, de personaxes extraordinarios. Permitíronlle rir, asombrarse, convivir. Cargárono de significados. E dende aquela eses contos continuaron multiplicándose para dicirnos mil e unha veces “Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro…”

Ao ler, ao contar ou ao escoitar contos estamos exercitando a imaxinación, coma se fose necesario adestrala para mantela en forma. Algún día, seguramente sen que o saibamos, unha desas historias acudirá ás nosas vidas para ofrecernos solucións creativas aos obstáculos que se nos presenten no camiño.

Ao ler, ao contar ou ao escoitar contos en voz alta tamén estamos repetindo un ritual moi antigo que cumpriu un papel fundamental na historia da civilización: facer comunidade. Ao redor deses contos reuníronse as culturas, as épocas e as xeracións para dicirnos que somos un só os xaponeses, os alemáns e os mexicanos; aqueles que viviron no século XVII e nós que lemos un conto en Internet; os avós, os pais e os fillos. Os contos énchennos por igual aos seres humanos, a pesar das nosas enormes diferencias, porque todos somos, no fondo, os seus protagonistas.

Ao contrario dos organismos vivos, que nacen, se reproducen e morren, os cuentos, que xorden colmados de fertilidade, poden ser inmortais. En especial aqueles de tradición popular que se adecúan ás circunstancias, ao contexto do presente no que son contados ou reescritos. Trátase de contos que, ao reproducilos ou escoitalos, os converten nos seus coautores.
E había unha vez, tamén, un país cheo de mitos, contos e lendas que viaxaron polos séculos, de boca en boca, para exhibir a súa idea da creación, para narrar a súa historia, para ofrecer a súa riqueza cultural, para excitar a curiosidade e encher de sorrisos os beizos. Era tamén un país no que poucos dos seus poboadores tiñan acceso aos libros. Pero esa é unha historia que xa empezou a cambiar. Hoxe os contos están chegando cada vez máis a recunchos afastados do meu país, México. E ao atoparse cos seus lectores están cumprindo co seu papel de facer comunidade, facer familia e facer individuos con maior posibilidade de ser felices.

31 mar 2012

SÍ QUE CHE GUSTA LER, PERO... IGUAL NON O SABES

A Secretaría de Estado de Cultura lanzou en Internet a nova campaña de comunicación e concienciación social a favor da lectura dirixida aos mozos de 14 a 18 anos, no marco do Plan de Fomento da Lectura.
A través da adxudicataria, a empresa Media Planning Group , realizouse unha nova campaña de comunicación e concienciación social a favor da lectura, que se insere en Internet e vai dirixida aos mozos de 14 a 18 anos.
A campaña leva como lema Si que che gusta ler (pero igual non o sabes). A mensaxe é positiva e atractiva para os seus destinatarios, tanto na súa forma, cunha estética xuvenil, como no seu fondo, a idea baséase en que os mozos len máis do que cren, especialmente cando utilizan as novas tecnoloxías. A campaña, baseada en formatos publicitarios en Internet, ten como reforzo un microsite, www.siquetegustaleer.org, que inclúe, ademais de múltiples enlaces a portais, bibliotecas virtuais e blogs do seu interese, un xogo de lectura no que o usuario elixe os pasos dunha aventura e pode gañar un e-Reader.
Se queres xogar e tes entre 14 e 18 anos, pincha na imaxe para aceder á páxina.

LONGA NOITE DE PEDRA

O teito é de pedra.
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os corazós dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de pedra.
I eu, morrendo
nesta longa noite
de pedra.

Celso Emilio Ferreiro
(Longa noite de pedra, 1962)

30 mar 2012

A Real Academia Galega estrea web, con Dicionario electrónico

 A Real Academia Galega (RAG) estrea hoxe novo web.  
 

Entre as principais novidades do sitio, atópase a agardada publicación do seu Dicionario electrónico, que incorpora máis de 50.000 entradas, a súa realización sonora e unha serie de aplicacións para difundir socialmente as palabras. 
O novo web da RAG incorpora tamén noticias, RSS, a axenda da institución ademáis dos recursos documentais xa dispoñibles previamente e conta cun apartado con información sobre as Letras Galegas.

"Con esta nova web faise uso das novas tecnoloxías para dar un salto adiante e levar ao pé de cada casa todo o patrimonio da institución", comentou o presidente da RAG, Xosé Luís Méndez Ferrín.

Ademais, a institución indicou que non descarta que este proxecto, que conta coa colaboración da Fundación Barrié,  poida chegar a implantarse en dispositivos móbiles.
 

28 mar 2012

I FEIRA DO LIBRO GALEGO DE OCASIÓN

Dende o 30 de marzo ata o 8 de abril, Allariz acolle a I Feira do Libro Galego de Ocasión. A iniciativa, coordinada pola libraría Aira das Letras, o concello e a Asociación Galega de Editores permitirá adquirir, a partir de 3 euros, 648 títulos de segunda man editados no noso país. Esta actividade celébrase na Praza de Abastos.


Aira das Letras

21 mar 2012

Día da Poesía

Hoxe é o día da poesía e no noso cole ímolo celebrar colgando as nosas poesías no patio do colexio para que todos as poidan ler. Durante estes dias pasados organizamos unha exposición de libros de poesía na entrada do colexio e decorarmos a nosa árbore con poesías de flores, baixo o lema COLGADOS DA POESÍA. Contamos para elo coa maleta viaxeira da Poesía.



Deixámosvos unha selección de recursos para festexar este dia, feita polos nosos compañeiros do CEIP Mestres Goldar de Vigo, que coma sempre fan unhas seleccións estupendas. Clika na imaxe para acceder á páxina.