Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

21 dic 2016

Felices festas

Deste xeito tan especial desexámosvos un moi bo NADAL e un FELIZ ANINOVO.

3 dic 2016

Visita á Casa-Museo Manuel María

O ano adicado a Manuel María está a piques de rematar e nós tiñamos pendente unha visita especial dende o curso pasado. O 25 de novembro foi o día... Un día frío, moi, moi frío pero como somos uns valentes e sabiamos que a visita merecería a pena... sobre as 9 da mañá todo o cole collemos rumbo a Outerio de Rei para visitar a Casa-Museo de Manuel María.

E sí, sí mereceu a pena...; se o queres comprobar clika na imaxe e verás...


11 nov 2016

31 oct 2016

Exposición de cabazas

Que orgullosos estamos dos nosos alumnos, dende os máis peques ata os máis grandes.
Mirade cantas cabazas trouxeron, e que fermosas.



30 oct 2016

O Samaín chega á biblioteca

Xa pasou o Samaín e na biblioteca disfrutamos de lecturas terroríficas, por parte dalgúns alumnos de primaria. Mirade, mirade,...






E os peques de infantil tiveron unha sesión especial da CASIÑA DE CHICULATE, que lles contaron os mestres Fran e Julio.

24 oct 2016

Día das Bibliotecas

Hoxe é o Día das Bibliotecas e non quixemos perder a súa celebración.
Mirade de que xeito tan fermoso o festexamos.

12 sept 2016

Xornada de benvida do curso 2016-2017

Deste xeito tan divertido demos a benvida a un novo curso o alumnado e profesorado de infantil e primaria.

22 jun 2016

LIP DUB

Aló polo mes de outubro propuxémonos facer o noso primeiro lip-dub, e despois de varios meses de traballo e esforzo, acompañados de diversión, amizade, compañerismo,.... lográmolo.... e aquí vos deixamos o resultado.


20 may 2016

15 may 2016

VIII ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS

O venres festexamos a xa VIII Romaría Popular das Letras Galegas, foi un día especial adicado ás nosas letras, á nosa cultura,... á nosa terriña. Deixamosvos unhas fotos do DÍA DAS LETRAS GALEGAS no cole.

9 may 2016

O son que me arrola

Un ano máis música e tradición chegaron da man ao cole e o alumnado de infantil xunto cos peques do concello menores de tres anos disfrutamos deste espectáculo durante unha horiña. Queres ver que ben o pasamos.... preme na imaxe e verás.


29 abr 2016

RECURSOS LETRAS GALEGAS 2016



Aquí vos deixamos unha serie de enlaces que nos parecen interesantes para traballar sobre a figura de Manuel María:

Casa Museo Manuel María

Real Academia Galega

AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega)

Seminario Galán

Coordinadora Galega de Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Portal da Lingua Galega (no final da páxina hai moitos e variados enlaces a actividades que poden resultar moi interesantes)

Primavera das Letras

Letras Galegas

Wikipedia

Galipedia

Unidades Didácticas

Arredor de Manuel María

365 días para Manuel María




28 abr 2016

Día do Libro II. Temos un segredo...


Para celebrar este ano o "Día do Libro" decidimos poñernos a traballar "desde o outro lado", desde o punto de vista do escritor, como autores do noso relato. 

Repartímonos en grupos de 3 ou 4 persoas, de diferentes cursos, idades e sexos para facer grupos heteroxéneos e así ter diferentes visións e aportar a vosa creatividade desde diferentes puntos de vista. 

Buscamos primero uns puntos en común de donde partir todos: dous personaxes (teríades que elexir o seu nome, sexo, idade e circunstancias persoais. Eso sí, para presentarlles fixeramos un breve monólogo de cada un deles, e vimos así que un tería que ser máis realista e outro máis idealista). Ambos atoparanse nas redes sociais e terán que compartir un segredo... E a partir de aquí comezamos a aventura... 

Reunirémonos os luns, martes e venres, na hora de proxecto lector!

Aquí vos deixamos unhas fotos dos primeiros días...iremos vendo ata donde chegamos!!!













Repartímonos para traballar e poder concentrarnos ben: en recunchos da biblioteca...






Ou nas aulas de 1º ESO e a de Plástica...

25 abr 2016

Dia do Libro.

Un ano máis festexamos o DÍA DO LIBRO por todo o alto.
Conmemoramos o IV Centario na morte de Cervantes con esta pequena exposición e lecturas dalgunhas aventuras de "Don Quijote": 



E un ano máis realizamos lecturas no patio e apadriñamentos lectores; canto nos gusta esta actividade e que ben o pasamos....

16 abr 2016

A librería AENEA visita a biblio de secundaria

Onte visitounos Lola da libraría AENEA, de Santiago de Compostela, coa súa particular "libraría andante". Preme na imaxe se queres saber máis:


7 abr 2016

Odaiko e o Enredo do Abeleiro

Hoxe tocou saír do colexio para pasar un día superdivertido. Primeiro fomos ata Melide para asistir a un concerto de percusión a cargo do grupo ODAIKO, e logo desprazámonos a Arzúa para visitar o ENREDO DO ABELEIRO, donde aprendemos cousiñas sobre as abellas e fixemos candeas de cera e enchemos botiños de mel. Mirade que ben o pasamos:

3 abr 2016

Semana do Teatro.

O pasado 27 de marzo foi o DÍA MUNDIAL DO TEATRO. Novamente coincidiu estando de vacacións e, novamente, non quixemos pasar por alto a súa celebración. Durante os días 29, 30 e 31 de marzo e 1 de abril organizamos varias lecturas dramatizadas de obras teatrais dos nosos autores; algún dos participantes caracterizouse para a ocasión, pero démonos conta de que a nosa voz (modulación, entoación,...) é suficiente para pasar un bo anaco disfrutando do teatro. Aquí unha pequena mostra: 

21 mar 2016

Semana da Poesía

Hoxe, 21 de marzo, é o DÍA DA POESÍA. Para festexalo no colexio, antes das merecidas vacacións, organizamos a II Semana da Poesía. Na semana do 14-18 de marzo disfrutamos de varias sesións de lecturas poéticas no patio; autores da talla de Manuel María (Letras Galegas 2016) ou Neira Vilas estiveron entre os nosos escollidos. Tamén organizamos o II Concurso de Poesía "TROITAS EN VERSO", do que nos vindeiros días vos amosaremos as producións do noso alumnado. De momento, unhas fotiños das nosas xornadas poéticas.


24 feb 2016

Día de Rosalía

Hoxe, DÍA DE ROSALÍA, non podíamos deixalo pasar sen celebrar. E fixémolo cun recital poético dalgunhas das súas obras en infantil e primaria:



Cada ano a AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) propón unha serie de actividades conxuntas aos centros de ensino para conmemorar e visibilizar a obra de Rosalía. Este ano a proposta, dirixida ao alumnado de ESO E Bacharelato, era encher as redes cun dos versos de Cantares Gallegos: "Trocando en sonrisas, queixiñas e choros". E por iso, o alumnado de ESO sacou os versos a percorrer as diversas estancias do cole: biblioteca, corredor, aulas,... E logo cada un deles, de xeito particular, enviábaas fóra dos nosos muros a través das redes sociais: 




21 feb 2016

Día da Lingua Materna

Hoxe é o DÍA DA LINGUA MATERNA, aquela na que os nenos aprenden a falar.  Aquí vos deixamos unha serie de enlaces a páxinas interesantes relacionada coa nosa lingua materna: O GALEGO. 




12 feb 2016

Entroido pequeno 2016

Se o pasado venres festexamos o Entroido grande ao estilo olímpico, hoxe festexamos o Entroido pequeno ao estilo libre; e vaia personaxes apareceron polo cole. Mira, mira,...

10 feb 2016

XOGOS OLÍMPICOS PONTE16

E máis cousiñas sobre os nosos particulares XOGOS OLÍMPICOS PONTE16. Aquí deixámosvos un pequeno vídeo que resume a xornada.

8 feb 2016

Xantar de Entroido!!!

E para rematar a xornada olímpica un mini-xantar de entroido con filloas, orellas, rosquiñas,....; en fin, todo riquísimo.



















ENTROIDO OLÍMPICO 2016

Que ben o pasamos na I edición dos XOGOS OLÍMPICOS PONTE 2016. Aquí vos deixamos unhas fotiños da xornada olímpica.

Inauguración dos Xogos Olímpicos Ponte 2016

Coma todos os Xogos Olímpicos nós tamén tivemos cerimonia de inauguración, con desfile e acendido da chama olímpica; o encargado de facelo foi Don Antonio, que despois de pasar boa parte da súa vida laboral no colexio xubilousenos o ano pasado, pero aceptou encantadísimo colaborar connosco neste entroido olímpico e para nós foi unha honra que fose el o encargado de inauguralos. 




E se queredes velo en vídeo:.....

4 feb 2016

ENTROIDO OLÍMPICO 2016

Xa está todo preparado para o Entroido 2016.




XOGOS OLÍMPICOS PONTE 2016. Contaremos con varias disciplinas e deportes: Judo, Piragüismo, Equitación, Esgrima, Tenis, Atletismo (martillo, disco, maratón), Ginmasia artística (barra, salto, suelo), Gimnasia Rítmica, Natación Sincronizada,... coa participación de varias delegacións: España, Rusia, Nigeria, Tailandia, Ucrania,... Non o podes perder. Agardámoste ás 12.15 no pavillón.

Como todos os xogos os olímpicos, nós tamén contamos coas nosas mascotas. E tamén teremos cereimonia de apertura, con encendido de pebeteiro incluída, e de clausura. Aquí presentamosvos as nosas mascotas; se queredes saber quen será a persoa encargada de encender o pebeteiro coa antorcha que lle pasarán os alumnos de 4º de ESO terás que achegarte ao colexio.


Xan Pericán 2016

Fotos do día de hoxe convetidos en deportistas, como nos mandou Xan Pericán: 




















E recorda que mañá: GUAPO ESTARÁS E O TEU DISFRACE LUCIRÁS