Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

31 mar 2014

TROITAS EN VERSO

Aquí vos deixamos unha mostra do I Concurso de Poesía "Troitas en verso". Moitas grazas a todos por participar e noraboa por esas fermosas poesías.





  


22 mar 2014

SEMANA DA POESÍA

Como é sabido, o día 21 de marzo foi o día da poesía. Pero a nós non nos era suficiente con festexalo un día, asíque decidimos adicarlle todoa a semana á poesía. Nos proxectos lectores da semana do 17-21 de marzo e nas horas de biblioteca nos recreos adicámonos a ler-recitar-cantar-... textos poéticos para os demáis.
Para facilitarnos o traballo, os nosos colabores da biblioteca (os alumnos do 3º ciclo de primaria) fixeron unha selección de poesías por temáticas para que todos e todas poideramos emprender unha VIAXE AO MUNDO DA POESÍA.


14 mar 2014

ESTAMOS PREPARANDO A VISITA DE FINA CASALDERREY

Estamos orgullosos de poder contar no noso colexio coa visita de Fina Casalderrey. Os nosos colaboradores de biblioteca están preparando a biblio para tan esperada visita. Mirade que fermosa nos está quedando:


5 mar 2014

NO NOSO COLE ESTARÁ...



O martes día 18 de marzo estará na nosa biblioteca FINA CASALDERREY.
Mentres agardamos a súa chegada podemos botar un ollo á súa web oficial, onde atoparemos a súa biografía, os libros que escribiu, os premios recibidos (que foron moitos),...
Estamos desexando que chegue o día! 

2 mar 2014

ENTROIDO 2014

O tema elixido nesta ocasión para o Entroido foi o CIRCO. Contamos no cole con grandes artistas: malabaristas, paiasos, domadores e as súas feras, forzudos, magos e pitonisas,.... todo na compaña do noso corpo de majorettes e do gran espectáculo do Home Bala.
Despois da festa, degustación de filloas, orellas,...
Aquí vos deixamos unha mostra do noso espectáculo circense: