Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

26 mar. 2010

Mentiras

Oir aquilo, "todo foi un xogo", foi como se lle cravasen un puñal na alma e logo sobre a ferida lle botasen sal, sen saber que a súa verduga se autoasasinase, e que os seus ríos só se volverían xuntar nun mar que lles quedaba lonxe, pero era a única esperanza e posibilidade de volver a xuntarse.

Milagros Ribadas Porteiro

Unha raiola de sol, un conxunto de nubes negras

Empezo o día coa mesma rutina enfermiza: desperto con sono, visto a preguiza, almorzo a desgana e vou coller o bus, o mesmo bus, o bus de sempre, sempre chega suxo, sempre chega tarde, sempre está mal olente, que me leva sempre ao mesmo sitio!!!... onde creo que... a rutina enfermiza diaria convérteme nun mar de ilusións onde xa cumprín moitas, pero o mellor é que aínda me quedan máis por cumprir. 

Jamie López Pereiro
Estábao vendo pola ventá, sentado no tallo do que nunca o viran erguerse, estaba comtemplando unha paisaxe que deboraba cen vidas dun só bocado e non lle importaba trabar unha vez máis. 
Ergueuse do tallo, xuntouse cuns homes pálidos; mirei para atras e vinme a min mesmo mirando pola fiestra e, de súpeto, desaparecera. 
Non voltaron; desapareceran, desapareceran. 

J. Luis Botana

Fermosa

Era tan fermosa que non puido controlar o desexo de posuíla.
Era tan fermoso que non soportaba a idea de privar aos demais de disfrutala.
Matouna e matouse.
O sitio que habitara reclamaba unha bágoa.

Cristian Carneiro

...

Recollo do chan a ausencia total de poder da que gozo, gárdoa na mochila entre os papeis que non escollo escribir, os libros que nunca quixen ler e recóllome na habitación onde transcorre o meu tempo non vivido...

A. Varela

ALFREDIÑO

Un rapaz chamado Alfredo un día déuselle por explorar a gran carballeira que ten detrás da súa casa. O rapaz era moi espelido e curioso. Mentres andaba pola carballeira escoitou un ruidiño e, el sen facer moito ruído, achegouse a ver que era. E, ao pé dun carballo, atopábase unha persoa máis pequena que estaba atrapado debaixo dunha póla. A persoiña asustouse ao ver a Alfrediño, pero cando Alfrediño a liberou de debaixo da póla a persoíña díxolle que para darlle as grazas lle daría o que quixese e desapareceu.
Alfrediño quedou todo preocupado porque non puidera dicirlle que el quería un canciño pero, ao chegar á súa casa, Alfrediño atopou un canciño na porta.

Muriel Lodeiros Rilo

Erros

Dous irmáns, Rómulo e Remo, tiñan a vida por diante, gastaban apenas vinte anos, mais atopábanse na cidade errónea, no momento erróneo, no día erróneo, na hora errónea aquel vinte de setembro dun dous mil un. 

Hippie
Noite fría de outono, eu e a miña sombra dispoñémonos a cavilar entre os escombros dunha cidade desoladora e estrépita, entre unha multitude de árbores; movémonos sen rumbo buscando un fin inalcanzable, baixo a lúa cruzamos un longo río sen orientación, resignándonos a vivir unha catástrofes marítima irremediable provocada polo nordés, pero outra catástrofes estase achegando, acaba de ocorrer, xa nin vale o intento de refuxiarse na miña sombra ao percatarme de que estaba soa. 

Lydia López Lata

...?

Ao carón do mar, tumbada na area, podo sentir o suave tacto da area na miña pel, o delicioso aroma da brisa batendo no meu rostro, o sol brillando na miña cabeleira loira.... un momento;
e o rostro, onde vai?

Mª Andrea Moar Ares