Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

18 dic 2010

O APALPADOR

Aos nosos días chegou a través da tradición oral de que dende diversas comarcas da alta montaña luguesa (Lourenzá, Courel, Cebreiro,...) un personaxe que no Nadal visitaba aos nenos e nenas galegos; este era o Apalpador, tamén coñecido como Pandigueiro nas terras de Trives. Este xigante bo é carboeiro, fuma pipa, usa boina e viste un traxe esfarrepado cheo de remendos.
Dende hai uns anos, ademais das montañas luguesas está a percorrer toda Galicia. Conta a tradición que este personaxe baixa das montañas nunha noite de Nadal para apalpar as barriguiñas dos pequenos, no caso de que estean ben mantidas deixalles unha présa de castañas en sinal de que en diferentes lugares da casa deixou agochados varios regalos.
Neste nadal visitará Frades para apalpar as barriguas dos máis pequenos para ver se comeron ben durante todo o ano e deixaralles algúns xoguetes e agasallos.


Vaite logo, meu meniñ@

marcha agora para a camiña

que vai vir o Apalpador

a apalparche a barriguiña.

Xa chegou o día grande

día do noso Señor.

Xa chegou o día grande

e virá o Apalpador.

Mañá é dia de cachela,

que haberá gran nevarada

e há vir o Apalpador

cunha mega de castañas.

Por aquela cemba

xa ven relumbrando

o señor Apalpador

para darvos o aguinaldo.

No hay comentarios: