Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

28 feb 2017

Entroido 2017

Que ben o pasamos na festa do Entroido o pasado venres 24 de febreiro. Aproveitando o noso Plan Proxecta "O sabor da aventura está no mar", sumerxémonos ata os fontos mariños e alí atopamos mexillóns, peixes, medusas, pingüíns,... e mesmo atopamos algún que outro pirata. Así, xa o sabes O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NA PONTECARREIRA....


23 feb 2017

#RosalíaTe

Un ano máis celebramos o DÍA DE ROSALÍA sumándonos á proposta da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega).
Para elo, o alumnado de infantil e primaria creamos as nosas máscaras e fotografámonos en familia con estas máscaras e un poema de Rosalía.



En secundaria fixemos un mannequin challenge sobre Rosalía.

13 feb 2017

Que chega, que chega,...

Xa temos a biblioteca lista para festexar mañá o San Valentín, Día da Amizade,... ou como queirades chamarlle. Animádevos e vide visitala.





2 feb 2017

Chega San Valentín...

Xa está ás portas o San Valentín e dende o EDLG e o Equipo de Biblioteca convocamos, un ano máis, o CONCURSO DE DEBUXOS-CARTAS de amor, cunha pequena novidade. Mira as bases: 


1 feb 2017

Día da Paz

Que ben o pasamos o luns festexando do día da paz. Cantamos, bailamos, fixemos un manneguin challenge, e tomamos chiculate con churros...


E PARA VERNOS TOMANDO O CHICULATE CON CHURROS PREME NA IMAXE


https://photos.google.com/share/AF1QipPzr34G1TkjvtPiDgYmwYLdlV91mWrRcvTjsUZVKL8bCF1ez-3D8r456jIgUq8I7w?key=WGI5Z0djRUYyWEg4UG1yLTBfbnhCeWJUenBLTE1R