Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

Mostrando entradas con la etiqueta Lingua Galega. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lingua Galega. Mostrar todas las entradas

19 jun 2018

O galego, a miña lingua propia. MONOULIUS DOP

O pasado luns 18 de xuño, o alumnado de secundaria poido disfrutar dunha actividade fantástica, enmarcada na campaña de dinamización social da lingua galega O GALEGO, A MIÑA LINGUA PROPIA, que organiza a área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña. 
Dous artistazos, Mon e Ula, fixeron que na tarde do luns disfrutáremos a tope coa música en galego. 

Aínda que ao principio estabamos un pouco nervios@s e algo tímid@s, pouco a pouco fómonos animando e... pasamos unha tarde xenial. Mirade mirade...




E SE QUERES VER MÁIS, AQUÍ CHE DEIXAMOS UNS VÍDEOS: 

vídeo 1              vídeo 2              vídeo 3              vídeo 4

24 feb 2018

Día de Rosalía de Castro

Hoxe é o Día de Rosalía de Castro e, ademáis das actividades propostas pola AELG, tamén demos lectura de varios textos da autora e mesmo bailamos novamente ao ritmo do Merengue Rosalía da Orquestra Charleston Big-Band.












23 feb 2018

#AbriedeAFiestra. Día de Rosalía de Castro

Outro ano máis que nos sumamos á celebración que ten organizada a Asociación de Escritora e Escritores en Lingua Galega (AELG) para o Día de Rosalía de Castro. O resultado da vosa colaboración é o seguinte: 



E no cole fixemos algo parecido. Fixemos unha Casa de Rosalía e abrímoslle as fiestras con poemas, imaxes, montaxes,... da autora.


























22 feb 2018

A lingua materna no noso facebook

Onte, co motivo do DÍA DA LINGUA MATERNA, propuxémonos xogar a través do facebook. Tratábase de deixar un comentario coa palabra máis fermosa do galego. O resultado foi o seguinte: 



Moitas grazas a todos pola participación.

21 feb 2018

Día da Lingua Materna

Hoxe é o DÍA DA LINGUA MATERNA, para nós o galego. Estamos preparando unha activiadade que nos está a quedar moi ben, pero non nos dou tempo a rematala para hoxe.
Deixámosovos varios enlaces para saber máis:



E tamén aproveitamos para presentarvos ALÍ, unha páxina chea de recursos e materiais para peques de 0-6 anos: para ler, para escoitar, para ver, para xogar,...



12 ene 2016

DIGALEGO.COM

"Digalego" é un gran dicionario en liña para promover o uso do galego entre todos os sectores, así como a aprendizaxe do noso idioma e a súa difusión internacional.
Xa temos unha enciclopedia en liña na nosa lingua, que ven de ser atualizado pola editorial Ir Indo (Galaxia); así que, xa o sabes, para calquera dúbida, consulta,... "digalego"




24 oct 2014

O GALEGO NA ONDA

O noso alumnado gañador da fase local do concurso O GALEGO NA ONDA disfrutou esta tarde do seu premio: un obradoiro de comunicación radiofócina, impartido polo coñecido actor e comunicador Rubén Riós. Tamén crearán un programa que será emitido pola radio local de Ordes e mellorarán a cuña gañadora da fase local, pero esto será o vindeiro 7 de novembro. Con ela, entrarán na fase autonómica do concurso. 





20 jun 2014

O GALEGO NA ONDA

O noso alumnado de ESO participou na campaña da Rede de Equipos de Dinamización Lingüística O GALEGO NA ONDA, para a cal tiñan que elaborar unhas cuñas radiofónicas sobor do galego.
Acadaron o 1º e 2º premio da fase local. E agora toca ir superando fases ata chegar á autónomica. Moita, moita sorte.

O día 20 de xuño acudiu ao centro o Secretario Xeral de Política Lingüistica, o alcalde de Ordes e presidente da Mancomunidade e o alcalde de Frades para facer a entrega dos premios.
 

26 feb 2013

SOMOS ROSALÍA

Os peques de 4º e 5º de Ed. Infantil convertéronse en Rosalía de Castro por uns intres o 25 de febreiro para facer unha pequena homenaxe á poeta no 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos. Acompañan as imaxes unha producción musical feita polo alumnado e profesorado do centro e cantada por Sandra e Sheila, alumnas de 3º de ESO do cole.

30 mar 2012

A Real Academia Galega estrea web, con Dicionario electrónico

 A Real Academia Galega (RAG) estrea hoxe novo web.  
 

Entre as principais novidades do sitio, atópase a agardada publicación do seu Dicionario electrónico, que incorpora máis de 50.000 entradas, a súa realización sonora e unha serie de aplicacións para difundir socialmente as palabras. 
O novo web da RAG incorpora tamén noticias, RSS, a axenda da institución ademáis dos recursos documentais xa dispoñibles previamente e conta cun apartado con información sobre as Letras Galegas.

"Con esta nova web faise uso das novas tecnoloxías para dar un salto adiante e levar ao pé de cada casa todo o patrimonio da institución", comentou o presidente da RAG, Xosé Luís Méndez Ferrín.

Ademais, a institución indicou que non descarta que este proxecto, que conta coa colaboración da Fundación Barrié,  poida chegar a implantarse en dispositivos móbiles.