7 abr 2026
2 abr 2026
27 mar 2026
Despedimos os segundo trimestre D´CINE
26 mar 2026
21 mar 2026
DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN
Sementamos respecto, coidamos a diversidade e hoxe o Ponte florece amarelo.
O amarelo ilumina, o amarelo representa alegría, diversidade e inclusión.
Porque a diversidade tamén florece... 21M: Día Mundial do Sindrome de Down20 mar 2026
Visita Monbus Obradoiro
Hoxe gozamos dunha visita moi especial, por terceiro ano consecutivo visitounos o Monbus Obradoiro. A sorpresa desta visita dóunola a súa mascota CHICHA.
17 mar 2026
Todas e todos contamos
Hoxe contamos coa visita dos amigos de Igualarte que, por medio de Afundación Abanca, viñeron ofrecernos dous obradoiros sobre a igualdade.
12 feb 2026
Día do Cancro Infantil
O vindeiro día 15 é o día do cancro infantil. Como estamos de vacacións, hoxe cumprimos co mandadiño de onte do Meco e a Asociación de loita contra o Cancro Infantil (ASANOG) que nos mandou traer un detalle dourado e facer un gran lazo dourado. Onte o tempo non nolo permitiu pero hoxe sí e fixmeos o noso gran lazo en apoios a todos os nenos e nenas que están a pasar esta enfermidade. E tamén puxemos un tatoo na man, un agasallo de ASANOG
30 ene 2026
Manifesto pola paz
20 dic 2025
BOAS FESTAS
Coa postal gañadaras do concurso de Postais desexámosvos a tod@s FELICES FESTAS!!!
Noraboa a Tristán, Ale e Noa, os gañadores!!!
13 dic 2025
III ENCONTRO INTERXERACIONAL
Onte compartimos o III encontro interxeracional no Centro Sociocomunitario da Ponte Carreira. Alumnado do 3º ciclo de primaria, usuarios das casas do maior do concello e do centro sociocomunitario compartiron unha xornada chea de vivencia e de alegría, un intercambios de experiencias inolvidable. Lémoslles uns contos e logo fixemos con eles e elas adornos de Nadal.
Premendo na imaxe poderás ver como foi a xornada.
25 nov 2025
25N
No Día Internacional contra a Eliminación da Violencia de Xénero presentamos a activiade que fixemos en colaboración coa Mancomuniade e Cruz Vermella de Ordes. Os centros da comarca unímonos para recordar todas esas mulleres que foron ASASINADAS no que vai do 2025. Pintamos zapatos vermellos para simbolizar a cada unha delas.
20 nov 2025
Día Universal da Infancia
Hoxe conmemoramos o Día da Infancia un ano máis dun xeito moi especial e da man de acougo.gal e Aseaf_isn. Hoxe chegamos evoltos en algo tan sinxelo e tan especial como un pixama. E, aínda que pareza un sinxelo xesto, ten un significado grande: recórdanos que a infancia precisa tenrura e protección, un mundo e un fogar no que sentirse seguro.
17 nov 2025
Visita especial
O alumnado do 3º ciclo de primaria gozou hoxe doutra visita superespecial. Samuel, en compaña de membros da ONG Mestura, veu pasar un anaco connos e contar cousas da súa vida. A finalidade foi motivar e conciencia sobre a realidade social que viven as persoas inmigrantes e previr actitudes discriminatorias.
15 oct 2025
24 mar 2025
Encontro interxeracional
Que gran xornada a de hoxe. Non se pode explicar con palabras o vivido esta mañá. Grazas, grazas e grazas por permitirnos este marabilloso encontro.
21 mar 2025
Día do Síndrome de Down
E hoxe é o propio día. Cos calcetíns desparellados viñemos ao cole e fixemos este fermoso mural para demostrar que nos somos #tancomati
20 mar 2025
Día do Síndrome de Down
Mañá é o Día do Síndrome de Down e o alumnado de 4º EP pasou pola radio para falarnos un pouquiño deste Síndrome.
3 mar 2025
I Encontro interxacional
Arrinca marzo e temos moitas actividades por diante. Peor unha das que nos fai especial emoción terá lugar o día 24 no centro Sociocomunitarios da Ponte Carreira.



(1).jpg)




.jpg)












%20(2).png)