Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

31 oct 2014

EXPOSICIÓN DE CABAZAS

Un ano máis a nosa exposición de cabazas foi todo un éxito. Moitas grazas a todos por colaboar.


30 oct 2014

UNHA HISTORIA DE SAMAÍN. 2014

Os peques de infantil disfrutaron dunha historia que os mestres de música e educación física prepararon para eles. Pasamos algún medo, pero foi moi divertido.

26 oct 2014

SAMAÍN 2014

Achégase o Samaín. Estamos ultimando detalles para ter todo listo para vivir  unha semana de... "medo".

Se te achegas ata a biblio poderás disfrutar da mellor selección de libros relacionados co Samaín e lelos á luz das candeas e acompañados de seres doutros tempos.

 
 
 
 
 

 


E un ano máis estamos preparando o labirinto do terror para o alumnado de primaria. Estás preparad@? Alí atoparaste con varios personaxes. Por alí andas xa:













24 oct 2014

O GALEGO NA ONDA

O noso alumnado gañador da fase local do concurso O GALEGO NA ONDA disfrutou esta tarde do seu premio: un obradoiro de comunicación radiofócina, impartido polo coñecido actor e comunicador Rubén Riós. Tamén crearán un programa que será emitido pola radio local de Ordes e mellorarán a cuña gañadora da fase local, pero esto será o vindeiro 7 de novembro. Con ela, entrarán na fase autonómica do concurso. 





22 oct 2014

Recursos para o o outono e as súas festas

Se clikas na seguinte imaxe accederás a unha serie de recursos para traballar o magosto e as súas festas.

http://www.xunta.es/linguagalega/outono_materiais_e_recursos

15 oct 2014

ESTAMOS NO FACEBOOK...

Arrincamos este novo curso coa nosa incorporación ás redes sociais.
XA TEMOS PÁXINA NO FACEBOOK. Anímate e únete a nós (clikando na imaxe accederás directamente).

https://www.facebook.com/profile.php?id=100007950101944

2 oct 2014

RECURSOS PARA TRABALLAR O OUTONO

Esta imaxe levarate a unha gran selección de recursos para traballar o outono. Non dubides en visitala.