Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

29 abr. 2016

28 abr. 2016

Día do Libro II. Temos un segredo...


Para celebrar este ano o "Día do Libro" decidimos poñernos a traballar "desde o outro lado", desde o punto de vista do escritor, como autores do noso relato. 

Repartímonos en grupos de 3 ou 4 persoas, de diferentes cursos, idades e sexos para facer grupos heteroxéneos e así ter diferentes visións e aportar a vosa creatividade desde diferentes puntos de vista. 

Buscamos primero uns puntos en común de donde partir todos: dous personaxes (teríades que elexir o seu nome, sexo, idade e circunstancias persoais. Eso sí, para presentarlles fixeramos un breve monólogo de cada un deles, e vimos así que un tería que ser máis realista e outro máis idealista). Ambos atoparanse nas redes sociais e terán que compartir un segredo... E a partir de aquí comezamos a aventura... 

Reunirémonos os luns, martes e venres, na hora de proxecto lector!

Aquí vos deixamos unhas fotos dos primeiros días...iremos vendo ata donde chegamos!!!













Repartímonos para traballar e poder concentrarnos ben: en recunchos da biblioteca...






Ou nas aulas de 1º ESO e a de Plástica...

25 abr. 2016

Dia do Libro.

Un ano máis festexamos o DÍA DO LIBRO por todo o alto.
Conmemoramos o IV Centario na morte de Cervantes con esta pequena exposición e lecturas dalgunhas aventuras de "Don Quijote": 



E un ano máis realizamos lecturas no patio e apadriñamentos lectores; canto nos gusta esta actividade e que ben o pasamos....

16 abr. 2016

7 abr. 2016

Odaiko e o Enredo do Abeleiro

Hoxe tocou saír do colexio para pasar un día superdivertido. Primeiro fomos ata Melide para asistir a un concerto de percusión a cargo do grupo ODAIKO, e logo desprazámonos a Arzúa para visitar o ENREDO DO ABELEIRO, donde aprendemos cousiñas sobre as abellas e fixemos candeas de cera e enchemos botiños de mel. Mirade que ben o pasamos:

3 abr. 2016

Semana do Teatro.

O pasado 27 de marzo foi o DÍA MUNDIAL DO TEATRO. Novamente coincidiu estando de vacacións e, novamente, non quixemos pasar por alto a súa celebración. Durante os días 29, 30 e 31 de marzo e 1 de abril organizamos varias lecturas dramatizadas de obras teatrais dos nosos autores; algún dos participantes caracterizouse para a ocasión, pero démonos conta de que a nosa voz (modulación, entoación,...) é suficiente para pasar un bo anaco disfrutando do teatro. Aquí unha pequena mostra: