Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

21 mar. 2013

21 DE MARZO

DÍA MUNDIAL DA...

Dende o CPI Ponte Carreira adicamos este día á nosa poeta máis internacional. ROSALÍA DE CASTRO

13 mar. 2013

VISITOUNOS ANXO MOURE

O pasado martes 5 de marzo visitounos un defensor da natureza e un atrapador de contos: ANXO MOURE. Pasámolo moi ben escoitando a súa historia, mediante a cal nos transmitiu o seu amor pola natureza, a necesidade de evitar incendios, de manter limpos os bosques,...

Coa súa bicicleta cargada de libros percorre rúas, bosques, prais, vilas,... para reivindicar os contos e  as historias como ferremante cultural para descontaminar o mundo.

Se queres ver que ven o pasaron os nosos nenos (pequenos e maiores) clika na imaxe e tamén tí pasarás uns intres divertidos.

 
Se queres saber máis sobre Anxo Moure a súa inciativa solidaria para mellorar o noso mundo empregando os contos como ferramenta e sobre a súa iniciativa BICIS POLA PAZ visita a súa web CONTOS SOLIDARIOS.

8 mar. 2013

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Hoxe é o Día Internacional da Muller Traballadora.

 
 
Moitas son as mulleres que, dende anos, veñen "loitando" pola Galicia que hoxe temos. E no día de hoxe queremos lembrar aqueles versos de Rosalía de Castro, precursora do feminismo e gran defensora dos dereitos das mulleres.

Daquelas que cantan ás pombas i ás frores,

todos din que ten alma de muller.

Pois eu que n'as canto, Virxe da Paloma,
¡ai! ¿de que a terei?


Rosalía de Castro, Follas Novas

5 mar. 2013

125 ANIVERSARIO DE R. OTERO PEDRAYO

O 5 de marzo de 1888 viña ao mundo en Ourense Ramón Otero Pedrayo. Hoxe cúmprense 125 anos do nacemento dunha das figuras da literatura e cultura galegas, personalidade destacada da chamada Xeración ou Grupo Nós. 
Novelista, narrador, poeta, ensaista, investigador, xeógrafo, orador,... pentence ao grupo de intelectuais que, no primeiro terzo do século XX, constituiron o que podemos chamar "cultura galega da modernidade".