O teito é de pedra.
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os corazós dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de pedra.
I eu, morrendo
nesta longa noite
de pedra.
Celso Emilio Ferreiro
(Longa noite de pedra, 1962)
Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com
Mostrando entradas con la etiqueta Ano de Celso Emilio Ferreiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ano de Celso Emilio Ferreiro. Mostrar todas las entradas
31 mar 2012
16 ene 2012
ANO 2012. ANO DE CELSO EMILIO FERREIRO
O pasado 4 de xaneiro cumpríronse cen anos do nacemento de Celso Emilio
Ferreiro, escritor, político e un dos máximos expoñentes da nosa poesía
social.
Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912-Vigo, 1979) iniciou desde moi novo
unha actividade política e literaria que estaría sempre marcada polo
compromiso co país. Cando estalou a guerra foi obrigado a se incorporar
ao exército franquista. Condenado a morte por un artigo publicado nunha
revista que el mesmo dirixía, a súa familia consegue o indulto. No tempo
que estivo na cadea escribe o poema Longa noite de pedra,
núcleo central do libro do mesmo título do que se cumpren cincuenta anos
da súa publicación. O título da obra converteuse en símbolo da loita
contra a ditadura franquista.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)