Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

26 feb 2013

SOMOS ROSALÍA

Os peques de 4º e 5º de Ed. Infantil convertéronse en Rosalía de Castro por uns intres o 25 de febreiro para facer unha pequena homenaxe á poeta no 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos. Acompañan as imaxes unha producción musical feita polo alumnado e profesorado do centro e cantada por Sandra e Sheila, alumnas de 3º de ESO do cole.

25 feb 2013

XA TEMOS GAÑADORES DO CONCURSO DE CARTAS DE AMOR

Xa temos os gañadores das cartas de amor. Foi unha decisión difícil, dada a gran participación e a calidade e modalidade das cartas. Ante esta situación acordamos outorgar varios premios:

DEBUXO DE AMOR 


AMOR DE FAMILIA


AMOR DE AMIGOS



AMOR AMOR


AQUÍ ESTÁN OS GAÑADORES COS SEUS AGASALLOS. NORABOA!



ED. SECUNDARIA. 
Se pinchas na seguinte imaxe accederás ás mensaxes de amor dos alumnos de ESO.

21 feb 2013

RECURSOS PARA O DÍA DE ROSALÍA

Aquí vos deixamos un enlace no que poderedes atopar unha serie de recursos para celebrar o Día de Rosalía elaborado pola biblioteca da EEI Barrio Novo, a quenes aproveitamos para felicitar por esa fantástica escolma.

DÍA DA LINGUA MATERNA 2013

Que é o Día Internacional da Lingua Materna? É unha conmemoración que se celebra o 21 de febreiro de cada ano, unha data significativa que estableceu a Conferencia Xeral da Unesco en 1999, co obxectivo de promover o pluralismo lingüístico e a diversidade cultural. Ademais, busca impulsar o recoñecemento e a práctica das linguas maternas de todo o mundo e, en especial, as das linguas con menos falantes.

O lema elixido este ano pola UNESCO para a conmemoración do 21 de febreiro foi “O libro, eixe da educación en lingua materna”. Deste xeito, quérese chamar a atención sobre a importancia do material escrito e lembrar que o apoio ás linguas maternas consiste tamén en promover a produción de libros –incluídos os materiais escolares e as publicacións en formato dixital- nos idiomas locais.

Podes acceder á Declaración da Rede de Dinamización Lingüística co motivo da celebración deste día e a máis recursos e información relacionados co Día da Lingua Materna clikando na seguinte imaxe.


20 feb 2013

DÍA DE ROSALÍA. 24 DE FEBREIRO

Co motivo da celebración do DÍA DE ROSALÍA participamos da iniciativa da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) dando lectura ao poemario da autora Cantares Gallegos entre varios centros de ensino da comunidade. Ao noso centro foille outorgado o poema que leva por título "Has de cantar"e "La gaita gallega",  e aquí vos deixamos o resultado.

HAS DE CANTAR, polo alumnado de infantil e primaria


LA GAITA GALLEGA, polo alumnado de 4º ESO

13 feb 2013

NAMORÁNDONOS EN GALEGO NO 2013

Co motivo do San Valentín ou Día dos Namorados e como ven sendo habitual por estas datas, organizamos en colaboración do Equipo de Biblioteca, un concurso de cartas de amor para o alumnado de E.S.O. e outro para Infantil e Primaria.
Ti tamén podes participar, deixando a túa carta a través dun comentario.



RECURSOS EDUCATIVOS PARA
SAN VALENTÍN

10 feb 2013

O ENTROIDO 2013 NO COLEXIO

Xa están aquí as fotos do desfile do Entroido 2013. Se queres pasar un anaco divertido mirando o noso desfile deste entroido, que xirou en torno ás profesións, non tes máis ca premer na imaxe e levarate a pasar uns intres moi divertidos.

Click to play this Smilebox slideshow

2 feb 2013

ENTROIDO 2013

A Secretaría Xeral de Política Lingüística pon a nosa disposición unha recopilación de recursos relacionados co entroido. Para acceder a eles clika na imaxe.

1 feb 2013

XAN PERICÁN 2012

O Xan Pericán xa está na Ponte Carreira cos seus mandadiños. Se queres ver as fotos dos nosos alumnos preme na imaxe e.... verás que guapos estamos todos.


(Irémolas actualizando día a día)