Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

29 dic. 2019

Concurso de Postais

Cada ano os nosos alumnos supéranse na súa elaboración de postais; como nos era difícil escoller só unha decidimos decantarnos por dúas (difícil decisión tamén). E que dicir das mensaxes..., todas elas fermosísimas. Os gañadores foron Nico (6º infantil) polo exterior, Claudia (2º primaria) polo interior e Brais Salgueiros (6º primaria) pola mensaxe.

 




Festival de Nadal 2019

Queres ver fotiños da nosa festa de Nadal e da visita das Súas Maxestades os Reis Magos? Pois preme na imaxe e verás


26 dic. 2019

O nadal no cole

Así de fermoso nos quedou o cole para estas festas de nadal: o belén, a cheminea, as postais,...











11 sept. 2019

Xornada de benvida 19-20

Hoxe iniciamos un novo curso cheos de ilusión, nervios,... e moitas gana de traballar. Como é costume no centro organizamos unha xornada de xogos populares. Se queres ver o inicio do noso curso preme na imaxe


27 may. 2019

26 may. 2019

CONTACONTOS KALANDRAKA

O pasado 14 de febreiro dende KALANDRAKA chegaron ao cole Sara e Álex cunha chea de historias para facernos pasar un anaco moi divertido. Que sorte que volveran outro ano máis. Xa sabes... preme na imaxeeee


CONTACONTOS DENDE ESO PARA EI

O pasado 4 de decembro algún alumnado de ESO preparou varios contos para organizar unha sesión de contacontos espcial para o alumnado de Educación Infantil. O resultado foi excelente e quedou así: (preme na imaxe)


20 may. 2019

XI ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS

Queres ver as fotos da XI ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019, adicada a Antonio Fraguas Fraguas? Con xantar "romeiro" incluído: emparada, polbo e larperia. Pois preme na imaxe e verás..


15 may. 2019

13 may. 2019

DATAS SCAPE ROOM

Xa temos as datas para os varios SCAPE ROOM que faremos no que queda de curso. Toma nota....
Nos próximos días explicarémosvos en que consiste.


6 may. 2019

Scape Room

Estás disposto a participar? Sabes a resposta? Coido que se queres adiviñalo terás que pasarte pola "biblio room" e tentar facer o scape


19 abr. 2019

Rosalía e as nosas letras

Estamos a participar/colaborar, xunto cos outros centros da Mancomunidade de Ordes, no concurso sobre Rosalía e as nosas Letras. Fixemos algúns vídeos lendo, recitando, cantando,... poesias dos nosos autores que subimos no seguinte enlace


11 mar. 2019

Recursos Letras Galegas 2019

Aquí vos deixamos unha serie de enlaces que nos parecen interesantes para traballar sobre a figura de Antonio Fraguas Fraguas:

Real Academia Galega

Primavera das Letras

Letras Galegas

Portal da Lingua Galega (nesta páxina hai enlaces a numerosos recursos)

AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega)

Seminario Galán

Galipedia

Espazo Abalar

2 mar. 2019

CONCURSO CARTAS-DEBUXOS DE AMOR-DESAMOR

Aquí vos deixamos unha mostra do concurso orgnaizado co motivo do DÍA DA AMIZADE.



Moito traballiño tivemos para elixir os gañadores. Como o traballo non nolo puxeron nada doado, decidimos outorgar vario premios. Aquí os gañadores.










7 feb. 2019

ENTROIDO 2019

Xa iniciado o mes de Febreiro e xa metidos no tema dende hai tempo, moito tempo.... O ENTROIDO chega ó CPI PONTE CARREIRA. Os acontecementos máis destacados do entroido en Galicia e algunhas das súas personaxes estarán no noso colexio. O Entroido Galego este ano 2019 concéntrase no CPI PONTE CARREIRA. Mañá arrincamos...


2 feb. 2019

CONCURSO DE CARTAS-DEBUXOS DE AMOR-DESAMOR

Xa está en marcha unha nova edición do concurso de Cartas-debuxos de amor-desamor. E xa está listo o buzón para que deposites a túa. Anímate e... participa!!!