Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

31 oct 2020

Letras Galegas

Meses atrás, dada a situación de alarma sanitaria, adiouse a celebración das Letra Galegas para tal día coma hoxe. Pero dendo o EDLG por aquelas datas pensamos que era merecido facer a nosa homenaxe a Ricardo Carvalho Calero, e así dende a distancia fixemos cousas superespecias. Todas esas cousas relanzámolas hoxe neste lista de reprodución da nosa canle de youtube 

30 oct 2020

Hoxe viñemos terrorificamente disfrazados!!!

Para festexar o Samaín, xa que non pode ser do xeito que o viñamos facendo en anos anteriores, artellamos maneiras para que a nosa cativada, e nós tamén, poidesemos disfrutalo. Unha delas foi vir disfrazados terrorificamente. Queres ver que guap@s viñemos? Preme na imaxe



2 oct 2020

Día Mundial do Sorriso

 Hoxe é o DÍA MUNDIAL DO SORRISO. Un día que, se cabe, merece ser celebrado máis ca outros anos. 

Temos que ter a boca tapada, e o nariz tamén, pero "nada" nos vai impedir sorrir, porque o sorriso é a nosa esencia, o piar no que se asenta todo o que se fai no e dende o CPI Ponte Carreira. 

Asique, fixémonos esta pregunta: acaso só podemos sorrir coa boca? Pois claro que non, tamén o podemos facer coa mirada. E así o queremos reflexar neste vídeo no que tod@s os que formamos o CPI Ponte Carreira (alumnos, mestres, PAS, colaboradores) vos amosamos a mirada do noso sorriso ou o sorriso da nosa mirada