Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

30 mar 2018

Día do teatro

O pasado 27 de marzo foi o DÍA MUNDIAL DO TEATRO, pero como nos pillou de vacacións.... pois festexámolo antes: os días 22 e 23 de marzo disfrutamos de pezas teatrais lecto-dramatizadas polo noso alumnado. Preme e verás.



23 mar 2018

V CONCURSO TROITAS EN VERSO

Mirade que alto nivel de participación no V CONCURSO TROITAS EN VERSO... 
O buzón que preparou Librato case se encheu, e resultounos complicada dicidir os gañadores. 
Grazas a todos pola participación. 











X CICLO DE CINE MILFOLLAS

Hoxe tivemos a segunda sesión do X Ciclo de cine "Milfollas". Coa peli de Asterix pasámolo xenial


21 mar 2018

Día da Poesía 2018

No Día da Poesía aproveitamos o proxecto lector para todos xuntos lermos poesía... Preme na imaxe e verás.



17 mar 2018

Recursos Letras Galegas 2018

Aquí vos deixamos unha serie de enlaces que nos parecen interesantes para traballar sobre a figura de María Victoria Moreno:

Real Academia Galega

Primavera das Letras

Letras Galegas

Portal da Lingua Galega (nesta páxina hai enlaces a numerosos recursos)

AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega)

Seminario Galán

Galipedia

Espazo Abalar

A fiestra da mestra

Cultura de Galicia

Día da Lingua Materna

O pasado 21 de febreiro foi o día da lingua materna, para nós é o día da nosa lingua, do galego. Xa fai uns días que lle preguntamos ao noso alumnado:

CAL É PARA TI A PALABRA MÁIS FERMOSA DO GALEGO?

Unha vez que todos tiñan a súa pedímoslles que a escribisen nunha tarxetiña que lles proporcionamos e logo colgámola da árbore da entrada para "manter viva" a nosa lingua. 
O resultado foi o seguinte: 


(preme na árbore para ver máis de cerca)

13 mar 2018

Entraga de premios "Namorémonos"

E hoxe foi o día. Os gañadores do concurso "Namorémonos" recibiron o seu agasallo.






Pero tamén decidimos darlle a cada participante un pequeno recoñecemento ao seu traballo.

8 mar 2018

POR ELAS...

Hoxe estase a reivindicar o papel da muller na sociedade. Aquí a nosa pequena homenaxe a todas elas.

POR ELAS...

1 mar 2018

Visita de Ángel Carracedo



O pasado 19 de febreiro recibimos a D. Ángel Carracedo. Cercano, agarimoso, humilde e cunha vitalidade e empatía co alumnado galego. Premendo na imaxe accederás a todo o contido da súa visita ó colexio.