Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

23 dic 2022

GALA NADAL 2022

Queres ver a nosa Gala de Nadal que tivo lugar onte no cole? Aquí cha deixamos

5 dic 2022

Recursos Letras Galegas 2023. Francisco Fernández del Riego

 
Aquí vos deixamos unha serie de enlaces que nos parecen interesantes para traballar sobre a figura de Fco. Fernández del Riego:

Real Academia Galega

Primavera das Letras

Seminario Galán 

Aulas Galegas

Portal da Lingua Galega (nesta páxina hai enlaces a numerosos recursos)

AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega)

Galipedia

 (irase actualizando segundo vaian saíndo máis recursos)

 

12 oct 2022

Día das Escritoras

O vindeiro 17 de outubro é o día das escritoras e dende as Bibiotecas Escolares propóñennos unha actividade que nos está gustando moito. Estade atentos, xa veredes que cousa chula. De momento o cartaz...

"Houbo unha vez unha guerra.

       Despois da guerra, quedamos sen casa.
       -Non importa -dixo miña nai-. Temos un coche.
       Fomos vivir ao coche.
       Desde entón, vivir era viaxar." 
 
Paula Carballeira. O principio. (Kalandraka, 2012) 


        17 outubro 2022

23 may 2022

Cóntoche un traxe!!!

Así de ben o pasamos con Montse Rivera e o seu obradoiro "Cóntoche un traxe", no que nos amosou como se vestían os nosos antergos.



16 may 2022

Mural-puzzle

Velaquí o antes e o despois do noso tradicional mural-puzzle das Letras Galegas. Nesta ocasión 2022, adicado a Florencio Delgado Gurriarán



13 may 2022

3 may 2022

Concurso de carteis

Xa temos resolto o concurso de carteis das letras galegas 2022. Moitas grazas a todos por participar. 

GAÑADOR

PARTICIPANTES






26 feb 2022

Día de Rosalía de Castro 2022

O pasado 23 de febreiro foi o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO e seguindo a proposta da Asociación de Escritores en Lingua Galega fixemos pensamentos, a flor preferida da autora, con verbas e versos de Rosalía. Mirade que bonitos...