Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

21 feb 2011

DÍA DA LINGUA MATERNA

Que é o Día Internacional da Lingua Materna? É unha conmemoración que se celebra o 21 de febreiro de cada ano, unha data significativa que estableceu a Conferencia Xeral da Unesco en 1999, co obxectivo de promover o pluralismo lingüístico e a diversidade cultural. Ademais, busca impulsar o recoñecemento e a práctica das linguas maternas de todo o mundo e, en especial, as das linguas con menos falantes.


Que son as linguas? Segundo sinala a ONU, "as linguas son o instrumento de maior alcance para a preservación e o desenvolvemento da nosa herdanza cultural". Deste xeito, toda iniciativa para promover a difusión das linguas maternas servirá para incentivar a diversidade lingüística e "crear maior conciencia sobre as tradicións lingüísticas e culturais do mundo e mais inspirar a solidariedade baseada no entendemento, na tolerancia e no diálogo".

As propostas para o Día Internacional da Lingua Materna son:

1. Educa no respecto a todas as linguas
2. Transmite o valor da diversidade
3. Cultiva as linguas con menos falantes
4. Fomenta a aprendizaxe de linguas
5. Perde o medo a equivocarte
6. Déixalles aos teus fillos unha herdanza valiosa
7. Acolle as outras linguas que te rodean
8. Non lle peches a ninguén as portas da túa lingua
9. Practica o ecoturismo lingüístico
10. Fala tamén para os que están preto

 
No colexio para conmemorar este día, organizamos unha exposición con palabras fermosas do galego. Consiste en que cada un dos alumnos escriba nunha tarxetiña cal é para el/ela a palabra máis fermosa do galego, a súa lingua materna.
Con todas elas crearemos o noso diccionario de palabras fermosas. En canto estea feita, colgarémolo neste blog para que todos poidades disfrutar del.
 

6 feb 2011

Día da Paz

Para conmemorar o Día da Paz fixemos unha homenaxe a Sadako, construindo grullas pola Paz.
 Ademáis, fixemos un percorrido polos Premios Nobel da Paz e comemos chocolate con churros. Preme na imaxe para ver as fotos.



Tamén adicamos un tempo a cantar e fixémolo o mellor que poidemos. A canción elixida nesta ocasión foi
CELEBRA LA VIDA, de Axel.