Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

24 dic. 2009

NADAL 2009

Un ano máis e xa estamos outra vez no Nadal.
Un ano máis e xa nos puxemos mans á obra para festexar o Nadal na Ponte Carreira.
Aquí vos deixamo unha mostra dos mellores momentos vividos no colexio nestas datas.

E... Un ano máis que vos desexamos BO NADAL E FELIZ ANO 2010

9 nov. 2009

MAGOSTO

E seguimos coa festa.
Deixamos os nosos peóns para adicarlle un tempo a outros xogos dos nosos avós: zancos, o baile da póla, o pano,... Todo elo para celebrar unha das festas máis arraigadas no noso contorno: O MAGOSTO.
E, por suposto, tamén comemos castañas ata rebentar. Se queres ver as nosas fotos pincha na imaxe.

DÍA DO PEÓN

Hoxe é un día de festa no noso colexio.
Seguindo a convocatoria de Brinquedia festexamos unha nova edición do DÍA DO PEÓN.
Decoramos as nosas buxainas e investigamos sobre a tradición deste xogo popular na zona.
Todos xuntos, grandes e pequenos, fixemos bailar os nosos peóns, uns mellor que outros pero todos puxemos un graíño de area para facelo bailar e recuperar os xogos dos nosos avós.

31 oct. 2009

SAMAÍN

A historia do Samaín


Para os pobos celtas, a noite do 31 de outubro era a última do ano, pois seguían un calendario diferente ao noso.

Era a "noite de Saman" e, durante unhas hoaras, as portas do noso mundo abríanse para permitir aos defuntos visitar a súa familia na Terra.

A xente pedía comida polas casas para prepararlles un banquete. Tamén acendían fogueiras para guialos e que puidesen quentarse. ´

Máis tarde, estas fogueiras foron substituídas por nabos grandes que se baleiraban e nos que se colocaba unha candea acesa.

Moitos irlandeses (que teñen orixe celta) emigraron a Estados Unidos, levando consigo unha tradición que conservarán durante séculos. Iso sí, cambiaron os nabos por cabazas, que lles pareceron máis vistosas e doadas de decorar.


26 oct. 2009

RECOLLENDO CASTAÑAS

O pasado 19 de outubro os peques do colexio fomos recoller castañas, follas, landras,... e outros elementos propios do outono. Pasámolo xenial. Mirade que fotos máis fermosas!!!!!!!!!!!!!!

10 sept. 2009

XA ESTAMOS AQUÍ DE NOVO

Un novo curso empeza xa!
Dende o CPI de Ponte Carreira vimos coas pilas cargadas dispostos a dar o mellor de nós e amosarvos todos os nosos traballos.
Un saúdo e subídevos connosco ao noso tren especial.

8 may. 2009

+internet+galego+futuro


CORRELINGUA 2009

O pasado 7 de maio, máis de 4000 escolares da zona de Santiago secundaron a marcha do Correlingau 2009 para reivindicar o uso do galego. O lema escollido este ano foi En Galego, Pásaso.
Do noso CPI asistiron 74 mozos e mozas de 1º, 2º, 3º e 4º E.S.O. A xornada estivo marcada por un carácter lúcido-educativo, xa que varias charangas acompañaron aos corredores e corredoras ó redor da Alameda, para reinvindicar o dereito de medrar en galego e a defensa da nosa lingua.

25 abr. 2009

RECURSOS SOBRE RAMÓN PIÑEIRO



Aquí deixamos varios enlaces a páxinas que contan con importantes recursos sobre Ramón Piñeiro.

Na páxina da REAL ACADEMIA GALEGA amosa datos biográficos, a súa vida política e cultural, ademáis das súas publicacións.

A Editorail que fundou tamén recolle as súas publicacións, falamos da EDITORIAL GALAXIA.

Temos varias gravacións das intervención de Ramón Piñeiro, entrevistas,... no ARQUIVO SONORO DE GALICIA do Consello da Cultura Galega. Cabe destacar o debate no Parlamento co motivo da aprobación da Lei de Normalización Lingüística en 1983.

Cabe destacar, como non podía ser doutro xeito, os CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO que o centro Ramón Piñeiro para a investigación en Humanidades ten na rede.

Hai que mencionar támén a páxina do SEMINARIO GALÁN, que como cada ano elabora materiais educativos sobre os homenaxeados.

Outras páxinas interesantes son:

-Praza das Letras.

-Vieiros.

-Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, onde atopamos tamén os Cadernos Ramón Piñeiro.

- Webquest de Olga Rodríguez Díaz, bibliotecaria do CEIP Milladoiro - Malpica. Moi interesante.

-Julia González, do CEIP Mestres Goldar, amósanos unha liña do tempo con datos significativos.

24 abr. 2009

DÍA DO LIBRO

E xa chegou o Día do Libro. Co motivo da súa celebración a lectura espallouse por todo o centro.
Os nenos e nenas, dende os pequenos ata os maiores, fixeron as súas recomendacións con fermosos comentarios de libros que lles gustaron moito.
Tamén fixemos, en colaboración do Equipo de Biblioteca e coas familias, unha exposición de libros antigos.

Os nosos alumnos e alumnas len moito, e ti?



E, por suposto, len en galego. E ti?


5 abr. 2009

A FALA

Interesante poema de Manuel María, musicalizado por Roi Casal




"A FALA" de Manuel María
...
O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pensar máis profundo.

O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o marmurio do vento,
a palabra de amor.

O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.

O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.

O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.

O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
Se perdemos a fala
non seremos ninguén!

O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
Precisamos a lingua
se queremos vencer!

1 abr. 2009

CICLO DE CINE

Damos inicio ao 1º CICLO DE CINE "MIL FOLLAS" adicado ao audiovisual galego.
Está previsto levalo a cabo en dúas partes. A primeira delas será o venres 3 de abril e a segunda no mes de xullo. Entre unha e outra, iranse proxetando curtos semanais axeitados ás diferentes idades.

Nesta ocasión está previsto realizar un maratón de cine de 10.00 - 14.00 hs. en ESO e de 15.15 - 17.15 hs en infantil e primaria.

Aquí vos deixamos un díptico no que se recollen as películas que proxectaremos. Pincha na imaxe e verás o resultado.


11 mar. 2009

Achégase o Día do Pai

Achégase o DÍA DO PAI e que mellor que aproveitalo para reflexionar sobre o círculo familiar.
Aquí vos deixamos uns enlaces a libros infantís que reflexionan sobre este tema, da Editorial Kalandraka.

10 mar. 2009

RELFEXIÓNS...

Hoxe, dende o Equipo de Normalización e, por ampliación, toda a comunidade educativa do centro, queremos render unha homenaxe ás mulleres; a aquelas mulleres que morreron loitanto polo que é seu: igualdade, paz, dignidade, traballo,...

Aquí vos deixamos un conto clásico LA CENICIENTA, coñecido en todo o mundo. Neste caso, o conto está escrito por Miriam Carnero e Nunila López, para invitarnos a reflexionar sobre diversos temas.

As autoras adican este conto "A todas las mujeres valientes que quieren cambiar sus vidas y a todas aquellas que la perdieron y nos iluminan desde el cielo"

21 feb. 2009

QUE BEN O PASAMOS NO ENTROIDO!

O venres, día 20, celebramos o entroido no patio do colexio, coa asistencia de todo o alumnado do centro (dende infantil ata secundaria) e algunha que outra familia; todos compartimos unha mañá de risas e diversión.

Ás 10.30 demos comenzo coa festa. Para iniciala os mestres do colexio e os alumnos de 4º ESO disputaron un partido de futbol, que tivo como resultado 4-2 a favor do equipo de mestres.


Unha hora máis tarde, tivo lugar o desfile de disfraces. En Infantil e Primaria todos nos disfrazamos de animais que teñen que ver coa auga, así temo pingüíns, sereas, sardiñas,... E en ESO o tema era libre, e temos que felicitar a grande participación por parte do alumnado de Secundaria. Cada grupo fixo unha pequena representación ou comparsa de entroido para lucir os seus difraces.


Unha vez rematado o desfile de difraces e a entrega de premios, os mestres deleitáronnos cunha fermosa comparsa feita para a ocasión.

E, xa se nos facía tarde, e as campás de Boda empezaron a soar. Atilana e Xan Pericán estaban listos, aínda que algo nerviosos, para dar o SÍ QUERO ante todos nós. E, tras a boda o gran banquete, que contou cun menú de excepción por estas datas: orellas, filloas, roquiñas,...


18 feb. 2009

SORPRESA. BODA Á VISTA


SORPRESA. Hoxe pola mañá os nosos amigos tiñan unha sorpresa para nós. Que sería?

As invitacións da boda, menos mal que xa se decidiron porque pensar pensamos que desta aínda non ía. Aquí vos deixamos unha invitación para vós; pincha e verás.


16 feb. 2009

ASÍ É O NOSO ENTROIDO

Son varias as actividades que temos preparadas para esta SEMANA DE ENTROIDO.



--ATILANA e --XAN PERICÁN


Polo momento, Xan Pericán e Atilana xa nos deron a benvida coas súas ordes para estas semana. O luns tocounos levar mandilón e pano na cabeza e o martes fomos de vaqueiros. O mércores puxemos garabata e gafas de sol. E mañá temos que ir COA CARA PINTADA. Aquí vos deixamos unhas fotos para que nos vexades.



O martes 17 daremos inicio a un obradoiro de caretas que se levará a cabo aos medio días, coa axuda de profesorado colaborador e no que, os nenos e nenas do colexio, poderán elaborar as caretas e antifaces como máis lles gusten.

E así pasaremos a semana, investigando tamén sobre a tradición do Entroido en Galicia. O venres festexarémolo. En infantil e primaria realizamos disfraces por grupos e en secundaria son libres; haber se este ano se animan máis que o ano pasado. Tamén disputaremos dous partidos (futbol e boleibol) entre alumnos e mestres e TEREMOS BODA, pois Atilana e Xan Pericán chegaron, por fin, a un acordo e decidiron casar o 20.02.09 e, por suposto, estamos todos invitados. Manterémosvos informados.

12 feb. 2009

ENTROIDO

Ás portas está xa o Entroido, unha das festividades máis propias da nosa terra. No colexio estamos ultimando detalles para a nosa festa, que será o día 20. Estamos preparando os disfraces; este ano o tema é ANIMAIS DE AUGA, polo que teremos: pinguíns, estrelas de mar, tiburóns,... e mesmo sereíñas.

O noso Xan Pericán e a súa amiga Atilana xa estan listos para darnos ordes. Haber se se portan ben e non nos piden que levemos cousas raras.

Aquí vos deixamos dous enlaces a páxinas que contan con recursos interesantes para traballar estes días.

7 feb. 2009

NAMORÁNDONOS EN GALEGO

Co motivo do San Valentín ou Día dos Namorados e como ven sendo habitual por estas datas, organizamos en colaboración do Equipo de Biblioteca, un concurso de cartas de amor para o alumnado de E.S.O. e outro para Infantil e Primaria.
Ti tamén podes participar, deixando a túa carta a través dun comentario.



RECURSOS EDUCATIVOS PARA
SAN VALENTÍN

Vive en galego! Tes recursos

Aqui deixamos un documental emitido pola TVG sobre a opinión dos mozos galegos sobre a nosa lingua.


Usa a nosa lingua.

Vives en Galicia! Vive o galego!

Pincha na imaxe e terás acceso a moitos recursos na nosa lingua.

2 feb. 2009

DÍA DA PAZ

A música, xunto coa palabra, é a mellor arma que podemos usar contra a paz.

Así que, na Ponte Carreira puxémonos mans á obra e organizamos varias actividades. Os alumnos membros do ENDL elaboraron un Power Point sobre a paz. Cada grupo leu o seu manifesto contra a paz; tamén o fixemos en inglés e francés. Representamos unha obra de teatro. Cantamos dúas cancións: Por qué no ser amigos? e No dudaría. Canxeamos un vale dunha arma por unha cunca de chiculate.
Ademáis, a nosa alumna Suadu, de orixe árabe, leunos un fermosos poema na súa lingua.

Aquí vos deixamos unha mostra do noso traballo, esperando que sexa do voso agrado.





Fotos variadas

Suadu lenos en árabe (en breve)

Deixámosvos tamén unha selección de cancións para a Paz.



MusicPlaylist
Music Playlist at MixPod.com

O COLEXIO VÍSTESE DE FESTA

Estamos de Noraboa.
Un ano máis, os alumnos de Secundaria veñen de quedar finalistas no concurso do CORRELINGUA na modalidade de Manifesto.

Noraboa mozos. Vós merecédelo.
Grazas por defender a nosa lingua.

Aquí vos deixamos os traballos presentados por cada un dos grupos particpantes. Pincha nos enlaces de cada grupo e verás.