Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

22 dic. 2008

NADAL 2008

E, por fin, chegou o Nadal.

Na Ponte Carreira vivimos un NADAL MÁXICO.
Desde principios de decembro puxémonos mans á obra para ambientar o noso cole. Na entrada do mesmo, fixemos, como ben sendo habitual, o noso belén. Adornamos os corredores e aulas e os nenos de infantil fixeron un belén propio no seu corredor. Os nenos e tamén os mestres escribimos as nosas cartas de desexos para o 2009 aos Reis Magos.
O día 19 fixemos un festival no que contamos con varias actuacións dos nenos (dende os máis pequeniños de 3 anos ata os maiores de 16) e tamén dos mestres e gozamos coa visita das SS.MM. OS REIS MAGOS DE ORIENTE.

Se queres vivir connosco ese Nadal Máxico, pincha nos seguintes enlaces e disfrutarás vendo como vivimos o Nadal na Ponte Carreira.

Belén e adornos dos corredores.



Postais de Nadal.

Programa do festival do día 19 de decembro.

Fotos do festival (actuacións e recepción das SS.MM. Os Reis Magos de Oriente).

BO NADAL E FELIZ ANO 2009

19 dic. 2008

A cultura que facemos, escóllea no nadal




Este nadal agasalla productos culturais galegos!
O Equipo de Normalización, en colaboración co Equipo de Biblioteca elaborou un tríptico baixo o lema O NADAL TAMÉN ESTÁ NOS LIBROS... Bótalle un ollo! e apúntate a agasallar na nosa lingua.

4 dic. 2008

CORRELINGUA

Un ano máis, os alumnos do CPI Ponte Carreira son partícipes no Correlingua. Nesta ocasión os grupos participantes son:

Educación Infantil 5 anos.
1º de Educación Primaria.
3º de Educación Primaria.
4º de Educación Primaria.
4º de Educación Secundaria Obrigatoria.

En breve poderedes ver os traballos presentados.

28 nov. 2008

Concurso Postal de Nadal

O ENDL convoca concurso de felicitacións de Nadal. Poderán participar todos os escolares do centro. Podes consultar as bases no seguinte enlace.
Bases Postal de Nadal

25 nov. 2008

DÍA DO PEÓN

Non quixemos ser menos e sumámonos a Convocatoria de Brinquedia para a Celebración do Día do Peón. Fixemos un díptico para as familias para que cada neno tivese o seu danzarico.
Foi moi divertido. Adornamos os nosos danzaricos, construímos un trompo xigante que temos colgado na entrada do colexio e organizamos un concurso de baile de peóns.
Uns acadámolo e outros quedamos con ganas de facelos bailar.










20 nov. 2008

O MAGOSTO

O pasado 10 de novembro o C.P.I. Ponte Carreira celebrou a festa da castaña.
Moitas foron as actividades coas que quixemos ensalzar este producto tan típico da nosa zona.
Adornamos a árbore que temos na entrada do colexio, fixemos O XOGO DA CASTAÑA, no patio xogamos todos xuntos, dende os máis peques ata os maiores de 16 anos.



Que ben o pasamos!.




3 nov. 2008

SAMAÍN

Para festexar o Samaín, organizamos un concurso-exposición de cabazas.
Foi todo un éxito, con bastantes participantes e cabazas moi ben talladas.
Aquí vos queda unha mostra.
Deixámosbos tamén a Lenda da cabaza.

22 oct. 2008

BENVIDOS A TODOS




OLA NAVEGANTES





Dende aquí queremos inaugurar a páxina do ENDL do CPI Ponte Carreira.

Poñémola á vosa disposición para amosarvos o noso traballo e todo o que ten que ver coa nosa lingua.

Un saúdo e benvidos a todos