Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

31 oct 2025

Ciclo 666

Deixámovos por aquí o podcast 1 do ciclo 666. Accede á nosa canle e veralos todos. Non o perdas!!!

Samaín

Que ben o pasamos estes días festexando o Samaín. Grazas ás familias fixemos esta gran exposición de cabazas. Ademáis, disfrazámos, tivemos sustos inesperados, e un menú especial. Premede na imaxe e veredes. 

 

27 oct 2025

Visita de AMABUL

A semana pasada contamos co Programa de Educación Ambiental @asocamabul que nos viñeron contar cousiñas sobre as especies de flora exótica invasora e realizamos un scaperoom. 

24 oct 2025

Día das bibliotecas escolares

No Día da bibliotecas, amosávosmos unha pequena mostra fotográfica do que se vive, experimenta, goza,... na biblioteca do CPI Ponte Carreira. Durante esta semana, o alumnado recolleu, cámara en man, os mellores momentos vividos na biblio. 

 

 

21 oct 2025

Conversamos con Héctor Cajaraville

O noso mestre e escritor Héctor Cajaraville pasou uns intres divertidísimos coas rapazas de 3º EP falando sobre unha lectura súa do libro de lingua galega. 



17 oct 2025

Magosto 2025

Hoxe foi día de festa. A festa da castaña, a magostada, o magostoooo... Comemos castañas ata rebentar, estábanche ben boas. Queres ver fotiños, preme na imaxe


 

13 oct 2025

Que ler no samaín?

 Nestes días de tempo de Samaín recomendámosche...

Día das escritoras

Para conmemorar o Día das Escritoras adicámonos a "buscar" escritoras actuais de literatura infantil e xuvenil. Unha vez localizadas, repartímulas por cursos e creamos estes "montes" marabillosos




9 oct 2025

Maleta itinerante da Asociación Visibles

 Estes días estamos a gozar da biblioteca itinerante da @asociacion.visibles a A Viaxe Con Sentido, unha chea de libros sobre a igualdade de xénero, a sexualidade, o bo trato, as boas relacións,...