Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

31 oct. 2013

UN CONTO DE SAMAÍN


MEDO NA BIBLIOTECA. SAMAÍN 2013

Aquí vos deixamos unha mostra da nosa Semana do Samaín 2013 na biblioteca.

Click to play this Smilebox slideshow

Gustáronche as fotos?. Se o prefires aquí che tes os vídeos das nosas sesións terroríficas....

PREMIO NACIONAL DE CÓMIC. GALEGO!!!!!!!

Novamente estamos de NORABOA. O Premio Nacional de Cómic foi para un galego.



MIGUELANXO PRADO, autor de banda deseñada, pintor e ilustrador, converteuse no primeiro galego en conseguir este galardón. 
Foi distinguido pola súa obra Ardalén

O xurado destou o "caracter poética da obra, que mestura a realidade co soño, a memoria e o olvido, a súa mestría técnica no uso da cor". Unha historia complexa e sinxela, á vez, que resutla difícil de resumir.

Miguelanxo Prado é un dos autores máis recoñecidos no mundo do cómic, un dos debuxantes máis admirados e respectados a nivel internacional. Traballou para a TVG creando o personaxe Xabarín, entre outro. É membro a Academis Galega de Belas Artes.



NORABOA!!!

LENDO NO SAMAÍN

Estes días achegáronse ata o cole unhas bruxas para facer o préstamos de libros. Se queres ver as fotos preme na imaxe.

https://picasaweb.google.com/100635084181322244145/LENDONOSAMAIN2013#slideshow/5940975458679996290

25 oct. 2013

ACHÉGASE O SAMAÍN

Está próxima a celebración do Samáin e no colexio xa temos case todo listo para festexalo por todo o alto.

Estas dispost@ a adentrarte na nosa biblioteca? Alí atoparste con:





PASARÉMOLO................ DE MEDO!!!!

12 oct. 2013

PREMIO NACIONAL DE POESÍA: GALEGO!!!!!!!!!!

Hoxe estamos de NORABOA

O poeta MANUEL ÁLVAREZ TORNEIRO (A Coruña, 1932) vén de ser recoñecido co Premio Nacional de Poesía pola súa obra Os ángulos de brasa


Este libro, editado por Faktoría K de Kalandraka, xa recibira o Premio da Crítica de Poesía Galega que concede a Asociación Española de Críticos Literarios, co premio Ánxel Casal da AGE (Academia Galega de Editores) e co presmo da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) do ano 2012. E hoxe venlle de ser conceico este premio polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, sendo a primeira vez que se concede dito premio a unha obra galega.

Manuel Álvarez é considerada unha das voces máis sólidas da poesía contemporánea. Despois de traballar moitos anos como xornalista, deu a coñecer o seu poemario cando tiña xa ccincuenta anos e publicou Memorias dun silencio

 

Os ángulos de brasa é unha obra que afonda nunha poesía na que sobrancean as emocións interiores, a evocación de momentos cotiás que se tornan poesía. En palabras de Xosé Manuel Eerie (crítico literario) Os ángulos de brasa "...é un poemario extraordinario, un poemario que logra ser emotivo sen deixar de ser reflexivo, unha ollada sobre a vida desde a altura dos anos e da experiencia, sobre a vida e o ser humano..."




NORABOA PARA O AUTOR E PARA A CULTURA GALEGA!