Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

31 dic 2021

Chuches da sorte!!!

A piques de rematar o ano, queremos amosarvos o que sucedeu no Ponte o pasado día 21 ás 12:00 hs. da mañá



7 nov 2021

3 nov 2021

DÍA DO LECTOR

3 de novembro, DÍA DO LECTOR coincidindo co nacemento de Xosé Neira Vilas. 

Lemos moito, en moitos lugares, de moitas formas, sós, xuntos, aos demáis,... e experimentamos "outros tipos de lectores" vendo contos en lingua de signos, en braille, con pictogramas,... 

O resultado neste vídeo: 


Concurso Postal de Nadal 2021

 

29 oct 2021

Disfraces no Samaín

 Así de guapos viñemos hoxe ao cole!!!

Menú terrorífico

Hoxe foi un día espcecial no que, ademáis de vir difrazados de samáin, degustamos un menú terrorífico composto de crema de cabaza, rabos de rato e cabazas e pantasmas; todo acompañado de sangue de vampiro. 

Queredes vernos? Xa sabedes, pinchade na imaxe:



28 oct 2021

Exposición de cabazas

Que cabazas máis fermosas e terroríficas chegaron ao Ponte. Grazas familias!!! Cada ano máis e mellor


23 oct 2021

Samaín 2021

Achégase a semana do SAMAÍN no Ponte e xa temos todo preparado para pasar unha semana de... medoooo!!!


18 oct 2021

1 oct 2021

Día do Sorriso

Hoxe, primeiro venres de outubro, é o DÍA DO SORRISO. E no Ponte adicámonos a debuxar sorrisos, eses sorrisos que están agochados baixo as máscaras. Que ben o pasamos debuxándonos sorrisos os uns aos outros. Queredes velo? Dádelle ao play

 

9 sept 2021

Arrincamos!!!

Hoxe arrincou un novo curso para infantil e primaria, que ganiñas tiñamos xa de vernos todos. Imos aló pois!!! Outro curso máis marcado por protocolos, normas, máscaras, distancias,... pero que collemos coas mesmas, ou quizais máis, ganas e ilusións ca todos, cunha chea de actividades e propostas como non podían faltar no Ponte!!! Benvid@s a tod@s 

 


 

 

27 abr 2021

Recreando portadas

E aquí os nosos-vosos traballiños para o DÍA DO LIBRO. Moitas grazas familias pola colaboración. 

Preme na imaxe para velos. 




8 abr 2021

Día do Libro 2021

Achégase o Día do Libro e durante este mes de abril, MES DOS LIBROS, estamos propoñendo a actividade CONVÉRTETE NA PORTADA DUN LIBRO, no protragonista do teu libro-conto preferido ou calquera outro, onde a través dunha foto e sendo os nen@s (xunto con calquera outra persoa se se quere ou se é necesario) representen portadas de contos ou libros. 

Podedes enviar o resultado a: endl.ponte.carreira@gmail.com (preferiblemente)

                                                bibliotecaescolar@gmail.com

No primeiro enderezo tamén poderedes realizar consultas se tedes dúbidas (as titoras de EI e EP tamén vos resolverán as dúbidas), igual que se tedes problemas para montaxes... consultádenos que axudamos. Hai que adxuntar tamén unha foto da portada orixinal do libro. 

Sería bonito ter algunhas, cantas máis mellor para o día do libro, 23 de abril, pero seguiremos recibindo "traballiños" durante todo o mes. 

Algún exemplos: (estade atent@s que o equipo docente estámonos convertindo nos protagonistas de varios contos e deixarémolos por aquí para que tamén os vexades, así como os traballos que nos vaian chegando)







OUTROS EXEMPLOS ATOPADOS NA REDE: 




AGORA TÓCAVOS A VÓS!!!
ANIMÁDEVOS QUE PASAREMOS UN TEMPO DIVERTIDO E COÑECEREMOS MOITOS, MOITOS LIBROS

6 abr 2021

Recursos Letras Galegas 2021. XELA ARIAS


Aquí vos deixamos unha serie de enlaces que nos parecen interesantes para traballar sobre a figura de Xela Arias:

Real Academia Galega

Primavera das Letras

Seminario Galán 

Aulas Galegas

Portal da Lingua Galega (nesta páxina hai enlaces a numerosos recursos)

AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega)

Galipedia

 (irase actualizando segundo vaian saíndo máis recursos)

 

19 mar 2021

Premios Día da Amizade

 Aquí temos as gañadoras do CONCURSO DE AMOR-AMIZADE. Polo debuxo Inés, de 5º EI, e pola tarxeta Irene, de 5º EP. Noraboa mozas!!!




24 feb 2021

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2021

Hoxe cúmprense 180 anos do nacemento da nosa escritora máis universal e no Ponte rendémoslle una homenaxe un ano máis participando as actividasdes da AELG (Asociaicón de Escritores en Lingua Galega). 

Estes son os nosos traballos:

12 feb 2021

XINCANA XUBILAR. Camiñio de Santiago. Entroido 2021

Que mañá dura pasamos hoxe para chegar a Santiago e obter a nosa Compostela. Etapa tras etapa dende O Cebreiro fomos selando a nosa credencial. Queres velo? Xa sabes, clica na imaxe.