Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

20 nov. 2014

CONCURSO POSTAL DE NADAL 2014

Xa está en marcha o CONCURSO DE POSTAL DE NADAL, dirixido a todos os alumnos do centro. 
Nesta ocasión establécense dous premios: un para infantil-primaria e outro para secundaria. As postais elixidas conformarán a postal que enviaremos dende o centro ás familias e outras entidades. 
Asemade, establecerase un accesit para a mellor postal da etapa educativa que no resulte premiada, é dicir para infantil ou primaria. 

12 nov. 2014

FESTA DO MAGOSTO 2014

O pasado 7 de novembro disfrutamos, un ano máis, do noso magosto particular. Primeiro, pequenos e maiores disfrutamos dunha mañá chea de xogos populares.



E despois, o noso primeiro xantar popular deste curso 2014-2015, con desgustación de castañas asadas e cocidas, como non podía ser doutro xeito.