27 mar 2026
Despedimos os segundo trimestre D´CINE
26 mar 2026
LIBERAMOS POEMAS
Os maiores do cole, os de ESO, convertéronse na CUADRILLA DA POESÍA e foron liberando poemas polo pobo.
Charla madereira
Hoxe, días despois de que se conmemora o Día Internacional dos Bosques, 21 de marzo, visitounos Lugomadeira. Impartiu a charla "O sector forestal: tan próximo coma descoñecido". Falounos da importancia deste sector desde varios puntos de vista: económico, de empleo, medioambiental e clave para manter activo o rural galego. E déronnos un diploma de "defensor do sector forestal".
23 mar 2026
21 mar 2026
DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN
Sementamos respecto, coidamos a diversidade e hoxe o Ponte florece amarelo.
O amarelo ilumina, o amarelo representa alegría, diversidade e inclusión.
Porque a diversidade tamén florece... 21M: Día Mundial do Sindrome de Down17 mar 2026
Todas e todos contamos
Hoxe contamos coa visita dos amigos de Igualarte que, por medio de Afundación Abanca, viñeron ofrecernos dous obradoiros sobre a igualdade.
13 mar 2026
9 mar 2026
A ÁRBORE MORADA
Neste día da muller fixemos a nosa árbore morada con verbas adicadas ás mulleres: fortes, valentes, poderosas,.... con tarxetiñas que elaborou o alumnado.
A rama rescatámola dun monte cercano; o forte vento destes días rompeuna e nós démoslle unha segunda vida porque está comezando a brotar de novo.
Entrevistamos á brigadista Julia
A semana pasada coñecemos a Julia, unha brigadista, e os peques de infantil fixéronlle unha entrevista. Con ela aprendemos que as nenas, as mozas, as mulleres,... poden ser todo o que se propoñan. Mirade que ben pasamos con ela.
8M. AS MULLERES DO MONTE
8M EN CLAVE DE MONTE GALEGO. A nosa homenaxe a esas grandes mulleres que protexen, coidan, conservan,... o noso monte.
MONTE VIVO, MULLERES IMPRESCINDIBLES



(1).jpg)
(1).jpg)










.png)


