A Secretaría de Estado de Cultura lanzou
en Internet a nova campaña de comunicación e concienciación social a
favor da lectura dirixida aos mozos de 14 a 18 anos, no marco do Plan de Fomento da
Lectura.
A través da adxudicataria, a empresa Media
Planning Group , realizouse unha nova campaña de comunicación e
concienciación social a favor da lectura, que se insere en Internet e
vai dirixida aos mozos de 14 a 18 anos.
A campaña leva como lema Si que che gusta
ler (pero igual non o sabes). A mensaxe é positiva e atractiva para os
seus destinatarios, tanto na súa forma, cunha estética xuvenil, como no
seu fondo, a idea baséase en que os mozos len máis do que cren,
especialmente cando utilizan as novas tecnoloxías. A campaña, baseada en
formatos publicitarios en Internet, ten como reforzo un microsite,
www.siquetegustaleer.org, que inclúe, ademais de múltiples enlaces a
portais, bibliotecas virtuais e blogs do seu interese, un xogo de
lectura no que o usuario elixe os pasos dunha aventura e pode gañar un
e-Reader.
Se queres xogar e tes entre 14 e 18 anos, pincha na imaxe para aceder á páxina.
No hay comentarios:
Publicar un comentario