
2.- A poesía serve para ler, cantar, berrar, recitar, rapear, musicar,
declararse, rebelarse contra o mundo ou unicamente para falar suave á
orella. Tamén é un somnífero para durmir ben, unha pastilla sen química
que mellora a saúde e o benestar, e relaxa as persoas. E serve, sobre
todo, para explicar as razóns e as emocións que non veñen no dicionario.
3.- Os poemas son como caixas de ferramentas, valen para todo: para
sentilos, manosealos, lelos, cerralos, gardalos nun armario, ensucialos,
para ligar, para poñelos enriba da cabeza, penduralos na parede,
limpalos, recortalos, reescribilos, merendalos nun bocadillo de papel,
ordenalos, metelos na neveira e lelos coa cabeza máis fría, ou deixalos
sobre a cama para devoralos á noite, clandestinamente, cando todos se
deitaron. Ademais, a poesía cura enfermidades como a impaciencia, os
nervios, os pés planos, os enfados, a dor de cabeza, as feridas
imprevistas, as dores de amor, as indixestións, a ansiedade e algunhas
gripes.

5.- O importante da poesía non é obsesionarse por descifrala senón saber
gozala, sentila e intuíla. Na poesía reconforta sentir o seu ritmo, a
súa música, a súa sonoridade, os xogos de palabras que por veces nos
deslumbran, as imaxes fascinantes que nos ofrece. E tamén os seus
enigmas. Poetizarse. En definitiva, facer da poesía un pracer.
FRAN ALONSO
No hay comentarios:
Publicar un comentario