Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

9 sept 2021

Arrincamos!!!

Hoxe arrincou un novo curso para infantil e primaria, que ganiñas tiñamos xa de vernos todos. Imos aló pois!!! Outro curso máis marcado por protocolos, normas, máscaras, distancias,... pero que collemos coas mesmas, ou quizais máis, ganas e ilusións ca todos, cunha chea de actividades e propostas como non podían faltar no Ponte!!! Benvid@s a tod@s 

 


 

 

27 abr 2021

Recreando portadas

E aquí os nosos-vosos traballiños para o DÍA DO LIBRO. Moitas grazas familias pola colaboración. 

Preme na imaxe para velos. 




8 abr 2021

Día do Libro 2021

Achégase o Día do Libro e durante este mes de abril, MES DOS LIBROS, estamos propoñendo a actividade CONVÉRTETE NA PORTADA DUN LIBRO, no protragonista do teu libro-conto preferido ou calquera outro, onde a través dunha foto e sendo os nen@s (xunto con calquera outra persoa se se quere ou se é necesario) representen portadas de contos ou libros. 

Podedes enviar o resultado a: endl.ponte.carreira@gmail.com (preferiblemente)

                                                bibliotecaescolar@gmail.com

No primeiro enderezo tamén poderedes realizar consultas se tedes dúbidas (as titoras de EI e EP tamén vos resolverán as dúbidas), igual que se tedes problemas para montaxes... consultádenos que axudamos. Hai que adxuntar tamén unha foto da portada orixinal do libro. 

Sería bonito ter algunhas, cantas máis mellor para o día do libro, 23 de abril, pero seguiremos recibindo "traballiños" durante todo o mes. 

Algún exemplos: (estade atent@s que o equipo docente estámonos convertindo nos protagonistas de varios contos e deixarémolos por aquí para que tamén os vexades, así como os traballos que nos vaian chegando)







OUTROS EXEMPLOS ATOPADOS NA REDE: 




AGORA TÓCAVOS A VÓS!!!
ANIMÁDEVOS QUE PASAREMOS UN TEMPO DIVERTIDO E COÑECEREMOS MOITOS, MOITOS LIBROS