Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

8 abr 2021

Día do Libro 2021

Achégase o Día do Libro e durante este mes de abril, MES DOS LIBROS, estamos propoñendo a actividade CONVÉRTETE NA PORTADA DUN LIBRO, no protragonista do teu libro-conto preferido ou calquera outro, onde a través dunha foto e sendo os nen@s (xunto con calquera outra persoa se se quere ou se é necesario) representen portadas de contos ou libros. 

Podedes enviar o resultado a: endl.ponte.carreira@gmail.com (preferiblemente)

                                                bibliotecaescolar@gmail.com

No primeiro enderezo tamén poderedes realizar consultas se tedes dúbidas (as titoras de EI e EP tamén vos resolverán as dúbidas), igual que se tedes problemas para montaxes... consultádenos que axudamos. Hai que adxuntar tamén unha foto da portada orixinal do libro. 

Sería bonito ter algunhas, cantas máis mellor para o día do libro, 23 de abril, pero seguiremos recibindo "traballiños" durante todo o mes. 

Algún exemplos: (estade atent@s que o equipo docente estámonos convertindo nos protagonistas de varios contos e deixarémolos por aquí para que tamén os vexades, así como os traballos que nos vaian chegando)







OUTROS EXEMPLOS ATOPADOS NA REDE: 




AGORA TÓCAVOS A VÓS!!!
ANIMÁDEVOS QUE PASAREMOS UN TEMPO DIVERTIDO E COÑECEREMOS MOITOS, MOITOS LIBROS

No hay comentarios: