Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

30 ene 2011

Recursos Día da Paz

Aquí vos deixamos varios enlaces a páxinas de coles que teñen recopilacións de recursos para traballar sobre A PAZ.

Dende a Biblioteca do CEIP Mestres Goldar chéganos unha importante recopilación de recursos.

Importante selección fai támén o CEIP Victor Saenz de Mazaricos.

O CEIP Isaac Peral ofrécenos unha ampla selección: guías de lectura, música, contos, webquest, manualidades,...

Dende o Grove tamén nos chega unha ampla selección, feita polo Equipo de Biblioteca do CEIP Rosalía de Castro.

O CEIP Espoñeira-Aldán deixanos esta fermosa presentación:

EN CANTOS IDOMAS SABES?....

...DICIR PAZ.

Aquí aprenderás a dicilo, nada máis e nada menos, ca en 83 idiomas.

La palabra paz en 83 idiomas from symbiait on Vimeo.

DECÁLOGO PARA MEDRAR EN PAZ

1. Eres alguien muy importante. Quiérete.
2. Valora a tus amigos. Les dará seguridad.
3. Descubre todo lo que te une a los demás por encima de lo que te separa.
4. Respeta las opiniones. Así contribuirás al diálogo.
5. Aprende a escuchar, comprenderás mejor a los demás.
6. Esfuérzate por terminar bien tus tareas. Disfrutarás con el resultado.
7. Cumple con tus responsabilidades, los demás lo necesitan.
8. Trabaja en grupo. Nadie sabe más que todos juntos.
9. Comparte tus cosas con los demás. Te hará muy feliz.
10. Pon paz dentro de ti, de esta forma estarás poniendo también paz a tu alrededor.

HOMENAXE A SADAKO

SADAKO & LAS MIL GRULLAS POR LA PAZ

MÚSICA POR LA PAZ

PREMIOS NOBEL DA PAZ

23 dic 2010

Festival de Nadal

O día de onte foi un día especial, supuxo a chegada das tan esperadas vacacións de Nadal e festexámolo por todo o alto.

Visitounos un mago. Cantamos panxoliñas, fixemos teatro, bailamos,... E tivemos a honra de sermos visitados polo apalpador.

18 dic 2010

O APALPADOR CHEGOU Á PONTE CARREIRA

O Apalpador chegou ao noso colexio para agasallar a todos os pequenos e pequenas e disque vai pasar uns días por estas terras. Igual temos sorte e pasa polas nosas casas.


O APALPADOR

Aos nosos días chegou a través da tradición oral de que dende diversas comarcas da alta montaña luguesa (Lourenzá, Courel, Cebreiro,...) un personaxe que no Nadal visitaba aos nenos e nenas galegos; este era o Apalpador, tamén coñecido como Pandigueiro nas terras de Trives. Este xigante bo é carboeiro, fuma pipa, usa boina e viste un traxe esfarrepado cheo de remendos.
Dende hai uns anos, ademais das montañas luguesas está a percorrer toda Galicia. Conta a tradición que este personaxe baixa das montañas nunha noite de Nadal para apalpar as barriguiñas dos pequenos, no caso de que estean ben mantidas deixalles unha présa de castañas en sinal de que en diferentes lugares da casa deixou agochados varios regalos.
Neste nadal visitará Frades para apalpar as barriguas dos máis pequenos para ver se comeron ben durante todo o ano e deixaralles algúns xoguetes e agasallos.


Vaite logo, meu meniñ@

marcha agora para a camiña

que vai vir o Apalpador

a apalparche a barriguiña.

Xa chegou o día grande

día do noso Señor.

Xa chegou o día grande

e virá o Apalpador.

Mañá é dia de cachela,

que haberá gran nevarada

e há vir o Apalpador

cunha mega de castañas.

Por aquela cemba

xa ven relumbrando

o señor Apalpador

para darvos o aguinaldo.