Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

26 mar 2010

...

Recollo do chan a ausencia total de poder da que gozo, gárdoa na mochila entre os papeis que non escollo escribir, os libros que nunca quixen ler e recóllome na habitación onde transcorre o meu tempo non vivido...

A. Varela

ALFREDIÑO

Un rapaz chamado Alfredo un día déuselle por explorar a gran carballeira que ten detrás da súa casa. O rapaz era moi espelido e curioso. Mentres andaba pola carballeira escoitou un ruidiño e, el sen facer moito ruído, achegouse a ver que era. E, ao pé dun carballo, atopábase unha persoa máis pequena que estaba atrapado debaixo dunha póla. A persoiña asustouse ao ver a Alfrediño, pero cando Alfrediño a liberou de debaixo da póla a persoíña díxolle que para darlle as grazas lle daría o que quixese e desapareceu.
Alfrediño quedou todo preocupado porque non puidera dicirlle que el quería un canciño pero, ao chegar á súa casa, Alfrediño atopou un canciño na porta.

Muriel Lodeiros Rilo

Erros

Dous irmáns, Rómulo e Remo, tiñan a vida por diante, gastaban apenas vinte anos, mais atopábanse na cidade errónea, no momento erróneo, no día erróneo, na hora errónea aquel vinte de setembro dun dous mil un. 

Hippie
Noite fría de outono, eu e a miña sombra dispoñémonos a cavilar entre os escombros dunha cidade desoladora e estrépita, entre unha multitude de árbores; movémonos sen rumbo buscando un fin inalcanzable, baixo a lúa cruzamos un longo río sen orientación, resignándonos a vivir unha catástrofes marítima irremediable provocada polo nordés, pero outra catástrofes estase achegando, acaba de ocorrer, xa nin vale o intento de refuxiarse na miña sombra ao percatarme de que estaba soa. 

Lydia López Lata

...?

Ao carón do mar, tumbada na area, podo sentir o suave tacto da area na miña pel, o delicioso aroma da brisa batendo no meu rostro, o sol brillando na miña cabeleira loira.... un momento;
e o rostro, onde vai?

Mª Andrea Moar Ares

22 feb 2010

ORGULLOSOS DO GALEGO

Se estás orgulloso ou orgullosa do galego, podes participar na campaña promovida pola CGENDL.



14 feb 2010

O XACOBEO 2010 NA PONTE CARREIRA

Quen dixo que a Súa Santidade non acodía a Galicia neste Ano Santo?

Pois están equivocados. O pasado 12 de febreiro deixouse ver na Ponte Carreira, formando parte do pasarrúas que os alumnos do colexio fixemos ata a Praza do pobo na nosa particular Ruta Xacobea. Estivo acompañado do Apóstolo Santiago, as SS.MM. Os Reis de España e Don Felipe e Dona Leticia. Asímesmo tamén asistiron Zapatero, Feijoo e o mesmo Xosé S. Bugallo.


Se non o cres, premo no seguinte enlace e poderás volo cos teus propios ollos. E, se o cres, preme tamén para velo.