Para
celebrar este ano o "Día do Libro" decidimos poñernos a traballar
"desde o outro lado", desde o punto de vista do escritor, como autores
do noso relato.
Repartímonos
en grupos de 3 ou 4 persoas, de diferentes cursos, idades e sexos para
facer grupos heteroxéneos e así ter diferentes visións e aportar a vosa
creatividade desde diferentes puntos de vista.
Buscamos
primero uns puntos en común de donde partir todos: dous personaxes
(teríades que elexir o seu nome, sexo, idade e circunstancias persoais.
Eso sí, para presentarlles fixeramos un breve monólogo de cada un deles,
e vimos así que un tería que ser máis realista e outro máis
idealista). Ambos atoparanse nas redes sociais e terán que compartir un segredo... E a partir de aquí comezamos a aventura...
Reunirémonos os luns, martes e venres, na hora de proxecto lector!
Aquí vos deixamos unhas fotos dos primeiros días...iremos vendo ata donde chegamos!!!
Repartímonos para traballar e poder concentrarnos ben: en recunchos da biblioteca...
Ou nas aulas de 1º ESO e a de Plástica...
No hay comentarios:
Publicar un comentario