Hoxe, 21 de marzo, é o DÍA DA POESÍA. Para festexalo no colexio, antes
das merecidas vacacións, organizamos a II Semana da Poesía. Na semana do
14-18 de marzo disfrutamos de varias sesións de lecturas poéticas no
patio; autores da talla de Manuel María (Letras Galegas 2016) ou Neira
Vilas estiveron entre os nosos escollidos. Tamén organizamos o II
Concurso de Poesía "TROITAS EN VERSO", do que nos vindeiros días vos
amosaremos as producións do noso alumnado. De momento, unhas fotiños das
nosas xornadas poéticas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario