Hoxe cúmprense dez anos da morte de XELA ARIAS, con tan só corenta e un anos.
Profesora de literatura de ensino medio, foi unha recoñecida escritora e poetisa galega.
Ademáis da súa faceta poética, Xela adicouse á tradución ao galego de diversos autores como Jorge Amado, Camilo Castelo Branco, James Joyce, James F. Cooper ou Wenceslao Fdez. Flores. Tamén escribiu relatos.
Foi un dos rostros que se levantou contra o Prestige e a súa voz estivo presente en moitos actos de protesta e queda reflectida en publicacións como Alma de Beiramar.
Sorpréndente é o seu poemario Denuncia do equilibrio (1986), innovador de forma e transgresor de contido; ou Tigres coma cabalos (1990), un dos libros máis fermosos como poesía galega. En 1994 a súa maternidade queda reflexda no seu Darío da diario.
Todos os seus poemarios circulan hoxe de man en man.
Unha autora que xa cumpre todos os requisitos para ser homenaxeada co día das Letras Galegas.
Unha autora que xa cumpre todos os requisitos para ser homenaxeada co día das Letras Galegas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario