O poeta MANUEL ÁLVAREZ TORNEIRO (A Coruña, 1932) vén de ser recoñecido co Premio Nacional de Poesía pola súa obra Os ángulos de brasa.
Este libro, editado por Faktoría K de Kalandraka, xa recibira o Premio da Crítica de Poesía Galega que concede a Asociación Española de Críticos Literarios, co premio Ánxel Casal da AGE (Academia Galega de Editores) e co presmo da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) do ano 2012. E hoxe venlle de ser conceico este premio polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, sendo a primeira vez que se concede dito premio a unha obra galega.
Manuel Álvarez é considerada unha das voces máis sólidas da poesía contemporánea. Despois de traballar moitos anos como xornalista, deu a coñecer o seu poemario cando tiña xa ccincuenta anos e publicou Memorias dun silencio.
Os ángulos de brasa é unha obra que afonda nunha poesía na que sobrancean as emocións interiores, a evocación de momentos cotiás que se tornan poesía. En palabras de Xosé Manuel Eerie (crítico literario) Os ángulos de brasa "...é un poemario extraordinario, un poemario que logra ser emotivo sen deixar de ser reflexivo, unha ollada sobre a vida desde a altura dos anos e da experiencia, sobre a vida e o ser humano..."
NORABOA PARA O AUTOR E PARA A CULTURA GALEGA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario