Como cada ano encárgaselles un texto e unha imaxe a autores de diferentes países. Este ano o texto é da mexica Pat Mora e a ilustración do estadounidense Ashley Bryan.
Lemos xuntos, ti e eu.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.
Oímos murmurios
e ríos buliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.
e ríos buliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.
Entramos en misteriosos castelos
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan
e nenos que atrapan as estrelas.
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan
e nenos que atrapan as estrelas.
Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.
Poema de Pat Mora
Traducción: Concha Blanco
Traducción: Concha Blanco
No hay comentarios:
Publicar un comentario