Que é o Día Internacional da Lingua Materna?
É unha conmemoración que se celebra o 21 de febreiro de cada ano, unha
data significativa que estableceu a Conferencia Xeral da Unesco en 1999,
co obxectivo de promover o pluralismo lingüístico e a diversidade
cultural. Ademais, busca impulsar o recoñecemento e a práctica das
linguas maternas de todo o mundo e, en especial, as das linguas con
menos falantes.
O lema elixido este ano pola UNESCO para a conmemoración do 21 de
febreiro foi “O libro, eixe da educación en lingua materna”. Deste
xeito, quérese chamar a atención sobre a importancia do material escrito
e lembrar que o apoio ás linguas maternas consiste tamén en promover a
produción de libros –incluídos os materiais escolares e as publicacións
en formato dixital- nos idiomas locais.
Podes acceder á Declaración da Rede de Dinamización Lingüística co motivo da celebración deste día e a máis recursos e información relacionados co Día da Lingua Materna clikando na seguinte imaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario