O 30 de xaneiro de 1886 viña ao mundo, na vila mariñeira de Rianxo,
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Cúmprense hoxe 127 anos
do nacemento dunha das figuras máis senlleiras de Galicia do pasado
século. Home de espírito bulideiro e de afeccións múltiples e
poliédricas (pintor, debuxante, ensaísta, narrador, investigador),
pertencen ao campo da política algunhas das xoias máis valiosas que nos
deixou como legado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario