Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

20 nov 2024

Dia da Infancia

Hoxe é o Día da Infancia, e un ano máis colaramos coa asociación ACOUGO e para visibilizar o dereito de todo nen@ a ter unha familia viñemo en pixama ao cole


 

30 oct 2024

Cabazas 2024

E aquí a exposición de cabazas do alumnado de EI-EP para festexar o Samaín. 







 

24 oct 2024

Día das Bibliotecas Escolares

Hoxe é o Día das Bibliotecas Escolares. Era costume no Ponte neste día a inauguración da biblioteca para o curso actual; este ano non pode ser así porque a biblioteca está en obras, pero por unha boa causa: ímola ampliar!!!

E este día? Pois este día non podíamos deixalo pasar e festexámolo como mellor sabemos: lendo!!! Sacamos a biblio ao patio e... 






18 oct 2024

Magosto 2024

 Que ben o pasamos hoxe festexando o Magosto. 

Queres ver que xogos propararon o noso alumando, preme na imaxe e verás


15 oct 2024

Concurso de Mostros

 O EDLG e o Equipo da Biblioteca convocan para o alumnado de ESO un concurso de mostros: 

14 oct 2024

Día das Escritoras

 Hoxe é o DÍA DAS ESCRITORAS. Fai uns días puxémonos a investigar sobre as escritoras que temos na nosa terra e atopamos un montón!!! E con elas fixemos este fermoso mural, simulando unha melena ao vento con cantidade de escritoras galegas (e as que nos quedaron sen incluír) para reinvindicar o seu traballo. 





11 sept 2024

Xornada de benvida!!!

 Hoxe arrinca un curso especial. Estamos de aniversario..., nada máis nin nada menos ca 50 anos de historia fai o CPI PONTE CARREIRA. 

E arrincamos este curso remotándonos ao curso 1974-1975; viñemos vestidos de época e vivimos unha xornada de xogos propios daqueles tempos.


21 jun 2024

RETALLOS DO PONTE 23-24

 Queres ver os Retallos do Ponte, nº 6? A revista do cole do curso 2023-2024 premendo na imaxe