Bueno, bueno, bueno. Que visita especial tivemos hoxe...
Nada máis nin nada menos que... PACO NOGUEIRAS. Que ben o pasamos ao ritmo do seu BRINCA VAI.
Moitísimas grazas Paco, pasámolo xenial e esperamos verte prontiño outra vez.
Foi un pracer
O pasado 27 de marzo foi o DÍA MUNDIAL DO TEATRO, pero como nos pillou de vacacións.... pois festexámolo antes: os días 22 e 23 de marzo disfrutamos de pezas teatrais lecto-dramatizadas polo noso alumnado. Preme e verás.
O pasado 21 de febreiro foi o día da lingua materna, para nós é o día da nosa lingua, do galego. Xa fai uns días que lle preguntamos ao noso alumnado:
CAL É PARA TI A PALABRA MÁIS FERMOSA DO GALEGO?
Unha vez que todos tiñan a súa pedímoslles que a escribisen nunha tarxetiña que lles proporcionamos e logo colgámola da árbore da entrada para "manter viva" a nosa lingua.