Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

10 ene 2017

Nadal 16

Aquí vos deixamos unhas fotiños da festa de Nadal no cole; pasámolo xenial...; se queres comprobalo clika na imaxe e verás.


E despois da festa chagaron AS SÚAS MAXESTADES OS REIS MAGOS DE ORIENTE, que viñan cargados de agasallos para todos. Tamén traian agasallos espacial para os gañadores do concurso de postais de nadal: Icía López Domínguez, Miguel López López e Carla Salgueiros Vázquez. Se queres ver máis fotos preme na imaxe de Baltasar entregando o primeiro premio a Icía.  



Estamos subindo vídeos das actuacións, en canto os teñamos todos publicámolos neste blogue


21 dic 2016

Felices festas

Deste xeito tan especial desexámosvos un moi bo NADAL e un FELIZ ANINOVO.

3 dic 2016

Visita á Casa-Museo Manuel María

O ano adicado a Manuel María está a piques de rematar e nós tiñamos pendente unha visita especial dende o curso pasado. O 25 de novembro foi o día... Un día frío, moi, moi frío pero como somos uns valentes e sabiamos que a visita merecería a pena... sobre as 9 da mañá todo o cole collemos rumbo a Outerio de Rei para visitar a Casa-Museo de Manuel María.

E sí, sí mereceu a pena...; se o queres comprobar clika na imaxe e verás...


11 nov 2016

31 oct 2016

Exposición de cabazas

Que orgullosos estamos dos nosos alumnos, dende os máis peques ata os máis grandes.
Mirade cantas cabazas trouxeron, e que fermosas.



30 oct 2016

O Samaín chega á biblioteca

Xa pasou o Samaín e na biblioteca disfrutamos de lecturas terroríficas, por parte dalgúns alumnos de primaria. Mirade, mirade,...






E os peques de infantil tiveron unha sesión especial da CASIÑA DE CHICULATE, que lles contaron os mestres Fran e Julio.