Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

23 oct 2015

Concurso de FOTOS DE MEDO

Para os alumnos de ESO....


Día da Biblioteca

Mañá é o DÍA DAS BIBLIOTECAS e, como non hai cole, hoxe non quixemos perdernos esta celebración.
Os peques de infantil e primaria disfrutamos dun "proxecto lector" especial na biblioteca. No derradeiro trimestre do curso pasado creamos un libro viaxeiro sobre a historia de LIBRATO, a mascota da nosa biblioteca; tiñamos pendente a súa lectura en común e fixémolo hoxe. Foi unha lectura especial, pois dela encargáronse os nosos "profes en prácticas": Noelia, Paula e Rubén.
Despois entregámoslles a todos os alumnos un marcapáxinas, confeccionado polos dous deseños gañadores do concurso de marcapáxinas, correspondentes a Laura Gómez (2º EP) e David Portos (6º EP).

10 sept 2015

XORNADA DE BENVIDA AO CURSO 2015-2016

Cunha xornada de xogos populares e varias sorpresas máis demos inicio ao curso 2015-2016 os alumnos de infantil e primaria.


19 may 2015

CIRCANELO

Hoxe disfrutamos dun espectáculo de maxia, danza, teatro, diversión,... no que os peques de infantil e primaria e outros nenos do concello menores de tres anos o pasamos xenial. E aquí vos deixamos unha pequena mostra.


16 may 2015

FRAN BUENO VISITA PONTE CARREIRA

O pasado venres, e antes de celebrar a VII Romería Galega co motivo da celebración do Día das Letras Galegas, recibimos no cole ao ilustrador Fran Bueno.
Autor galego de cómic, de fama e prestixio nacional (gañador entre outros do Premio Castelao de cómic 20113) e internacional (foi o primer galego con produción periódica no mundo do cómic americano).


http://biblioponte.blogspot.com.es/2015/05/fran-bueno-visita-pontecarreira.html
(clica na imaxe e terás máis información)