Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

10 mar 2015

XUVENTUDE PROMETE

A semana pasada varios dos nosos alumnos de ESO desprazáronse ata Lugo para realizar diferentes actividades e obradoiros de iniciativas emprendedoras dentro do programa XUVENTUDE PROMETE. Estiveron acompañados de alumnado do IES Nº1 de A Estrada.


Realizaron un TICODIARIO, que aquí vos deixamos.


Tamén vos deixamos varias fotos.

25 feb 2015

Contacontos Kalandraka

Hoxe tivemos a honra de contar no colexio con Patricia e Álex, dous magníficos contadores de contos que nos fixemos pasar un bo anaco divertido léndonos contos da editorial Kalandraka.
Léronnos varios contos "SACAPENAS", "TÍO LOBO" e "ONCE DAMAS DIVERTIDAS".


E tamén nos agasallaron cun "sacapenas" para cada aula para que nos axude a superar os nosos medos.




24 feb 2015

Eu son Rosalía

Una ano máis participamos da iniciativa da Asociación de Escritores en Lingua Galega para conmemorar o Día de Rosalía de Castro: EU SON ROSALÍ.
Alumnado voluntario de secundaria, gravou este fermoso video, onde, coas súas propias palabras, berros e xestos, defenden o amor ao seu, a súa lingua, ao seu entorno,  aos seus soños, á defensa das inxustizas cercanas e globais...

DÍA DE ROSALÍA 2015

Hoxe é o Día de Rosalía de Castro e para conmemoralo fixemos varias actividades. Entre todos os alumnos fixemos un fermoso mural con escollas dos seus poemas e pop-arts da súa caricatura.

Algún alumnos deleitáronnos coa lectura de poemas da autora durante toda a semana. Para rematar a actividade bailamos o "Meregue Rosalía", tan fantasticamente versionado pola orquestra Charlestón Big Band

21 feb 2015

DÍA DA LINGUA MATERNA 2015

Clika na imaxe e accederás a varios recursos e materias para celebrar a diversidade lingüística